Dia da Paz

DÍA DA PAZ

Durante estes días adornamos o noso cole con murais para celebrar o acto do día da Paz como se merece. Que vos parecen?

 

E por fin chegou o día! Houbo cancións e lectura dun manifesto de Paz por parte do alumnado de sexto curso. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos máis emotivos que vivimos todos xuntos.

 

 

CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O noso mural de centro  transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.

No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz.

MANIFESTO POLA PAZ (6º Curso)

Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade.

Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!

 

“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai (Premio Nobel  da Paz 2014)  

NOVO LIBRO DIXITAL "Imagine"

Con motivo do Día da Paz o alumnado de Sexto de Primaria publicou un libro baseado na canción de John Lennon "Imagine".

Trátase dun libro bilingüe (inglés-galego) que, en formato dixital e tamén físico, estará dispoñible para todos na Biblioteca de Centro.

 

Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura e visionado!

DÍA DA PAZ 2018

Así celebramos o Día da Paz no cole Tintureira!

  MANIFESTO POLA PAZ DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Enlace ao texto

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2018

Con motivo da próxima celebración do día da Paz, imos aprender unha canción do grupo musical Mamá Cabra titulada "Baile da Paz". 

Aquí tendes un vídeo para practicala.

 

Tamén desde a clase de inglés queremos sumarnos a esta celebración interpretando a canción "Light a Candle for Peace"

 

DIA DA PAZ 2017

O luns, día 30 de xaneiro, conmemoramos o día escolar da Non-Violencia e da Paz, fixémolo, como de costume, todos xuntos decorando as paredes do colexio con motivos de Paz, lendo e compartindo un manifesto pola Paz, lembrando a Diego Freiría e cantando e bailando as nosas cancións da Paz.

Manifesto pola paz, alumnado de sexto curso.

 

Cantarela dos nenos, Amiguiños todos!

 Light a candle

ALBUM DE FOTOS

AMIGO DIEGO

Lembramos neste Día da Paz ao noso amigo Diego Freiría, vencellado ao colexio para sempre.

Con agarimo e agradecemento.

DÍA DA PAZ 2016

Por algo somos o CEIP A PAZ!!!

DÍA DA PAZ 2015

  O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio. Cantamos dúas cancións de amizade e convivencia: Cantarela dos nenos -máis coñecida entre nós por Amiguiños todos- e a canción en inglés Light a Candle for Peace.

  Varias alumnas de 6º leron uns fragmentos do discurso final da película "O gran ditador" de Charles Chaplin, moi relacionados coa celebración do Día da Paz e mais co noso tema anual do cine. As paredes e os taboleiros do colexio foron tamén adornados con carteis alusivos a ambolosdous temas.

  Para rematar, os nenos e nenas do colexio confeccionaron marcapáxinas aportados pola ONG "Save the Children" que se porán á venta proximamente para recadar fondos a favor da infancia máis necesitada.

Mira o álbum de fotos

DÍA DA PAZ 2014

 O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz no colexio. Nesta ocasión recordamos a figura do sudafricano Nelson Mandela, gran defensor da paz e da convivencia, recentemente falecido.

Bailamos todos xuntos a canción "Pata Pata" da cantante Miriam Makeba, tamén sudafricana e, como Mandela, firme defensora dos dereitos humanos. Escoita a canción premendo aquí.

Ademais desenvolvéronse distintas actividades, entre outras a representación da obra de teatro "Líos en el parque" a cargo do grupo de teatro de actividades extraescolares "Nosotras, él y los que lleguen" que foi un gran éxito por divertida e ben feita.

Tamén decoramos o colexio con motivos de paz que, seguindo o tema do ano, chegaron por mar en mensaxes dentro de botellas.

Ao final houbo unha solta de pombas como símbolo da paz.

Ver álbum de fotos

Distribuir contido