Punto laranxa contra o acoso escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar
 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada dende a Xunta có obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas achegadas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

No centro existe un Punto Laranxa físico ao lado da aula de convivencia, onde o alumnado poderá coller un papel onde facer a súa denuncia. Unha vez escrita, deberá ser depositada no buzón que alí hai para este fin.

Este Punto Laranxa dixital funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, dende o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que perciban en terceiros/as.



Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.