Entroido

Entroido 2024

                 

O pasado venres día 9 de febreiro celebramos o entroido no noso cole. 

Debido ás inclemencias do tempo tivemos que aprazar o xuízo do meco, pero o venres 16, este pequeno trasno non se librou de nos. 

Aquí tedes o vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos.

VÍDEO

 

Tamén deixámosvos as fotos de grupos e da festa que tivemos despóis do suoer desfile que fixeron on todos os nenos e nenas do cole. 

 

 FOTOS

 

Esperamos que o pasárades tan ben coma nos.

 

 

ENTROIDO 2023

 O venres 17 de febreiro, celebramos o entroido no colexio. Este ano a temática común para disfrazarnos foi "Érase unha vez...a historia de ler".

 

 

ENTROIDO 2022

A última semana de Febreiro preparámonos para festexar novamente o entroido.

E para ambientarnos mirade que bonito decoramos o cole

 

 

 

O longo da semana e coma tódolos anos o meco deunos unha serie de ordes que por suposto, cumprimos de boa gana.

 

Mirade que guap@s estaban todos....

 

 

 

 

E por fin o venres 25 ....¡ FESTA RACHADA!

 

Tivemos uns presentadores de luxo. Gracias a Artai, Aroa e Nahia e como non a súa titora Eva.

 

Este ano non tivemos unha temática común para disfrazarnos e así os rapaces elexiron o que máis lles gustou. Tivemos moita variedade cada un segundo o seu gusto e personalidade.

 

Aquí están os máis pequeniños do cole.

 

 

E por suposto, os de primaria tamén....

 

 

 

 

 

O noso meco este ano foi unha grande máscar , que queimamos con moito gusto e sen ningunha pena querendo simbolizar o previsible fin das mesmas.

 

 

E xa para rematar bailoteo e festiña no patio.

Ata o ano seguinte!!!! A desfrutar!!!!

 

ENTROIDO 2022!

Atención rapaces e rapazas!

O Meco manda, o Meco ordena!

 

 

E non esquezas practicar!

 

ENTROIDO 2021

Benvidos ao Entroido do noso cole! Xa vistes o vídeo publicado na web do centro? Siiii? A que é estupendo?? Pois aquí tedes unha seleción de fotos por cursos. En homenaxe aos anos 70...viva o Entroido do Tintureira!!GuiñoSorriso

 

 

 1. Comezamos seguindo as ordes do Meco...

 

 

 

Ese Mequiño que logo ía ser queimado...ChoraChora

 

 Mequiño do Coronavirus... NON TE QUEREMOS NIN VER!!

 

 

Mirade qué adornos tan bonitos...

 

 

 

 

 

 

 

 E ollade o resultado final de disfraces dos distintos cursos. A que é chulísimo??

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Qué? Gostouvos? Pensades que isto rematou? Pois non!! Próximamente aparecerá unha sabrosísima sorpresa relacionada co Entroido, na web do cole. Ata pronto!

 

PASARON UNS DÍAS E...

 

Velaquí tedes a sorpresa!

 

Entroido 2021

O Entroido chegou un ano máis, pero este ano vímonos na obriga de adaptar a nosa tradicional festa. Tivemos que renunciar á xornada gastronómica, a desfiles e a visita das familias. Aínda así, quixemos facer especial esta celebración, polo que seguindo os protocolos desfrutamos dunha divertida festa onde o principal protagonista foi o Meco, o cal este ano máis ca nunca recibiu unha merecida sentenza.

 

 

ENTROIDO 2021

   
   

O vindeiro venres 12 de febreiro, celebrarémolo Entroido no colexio cunha pequena festa para o alumnado.

Para elo, e tendo en conta o proxecto deste curso "FAI 50 ANOS...", nada mellor que elixir disfraces que representen a década dos 70.

Para que vos fagades unha idea, deixámosvos uns exemplos para que elixades o que vos sexa máis doado, e que os vosos fillos e fillas disfruten do Entroido co "look" perfecto para lembrar o estilo daquela época.

Comunicámosvos que a ANPA, no día da festa, repartirá entre o alumnado unha filloa e un zume no recreo, e así desfrutar dun postre típico de Entroido.

Sabedes que debido á situación excepcional que estamos a vivir, e seguindo o protocolo, non poderemos organizar a tradicional Xornada Gastronómica, nin permitir a asistencia das familias á celebración do Entroido. Verémonos no vindeiro Entroido!!!

ENTROIDO 2020

Dende o noso cole, preparamos o Entroido con moita ilusión. Comezamos adornando as nosas paredes para dar a benvida a unha festa moi importante en Galicia!

 

 

E ao fin chegou o día!! Na web do cole atoparedes un fantástico vídeo subido pola profe Manuela.

 Fixemos bailes:

 

Un animado percorrido polo pobo:

 

E para rematar, unha merendola preparada polas familias dos alumnos/as que fixo as nosas delicias. Moitísimas grazas! Non esqueceremos nunca este Entroido!!

 

Entroido 2020

   
   

Baixo o lema "TintuOlimpiadas 2020" celebramos o Entroido deste ano.

Toda unha festa chea de ritmo, música, colorido e rica gastronomía.

 

Entroido 2020 Baile

 O Entroido xa está a piques de chegar

e este baile debes preparar!

 

Distribuir contido