CEIP A PAZ-Tintureira
Enviado por webmaster o 24 Outubro 2022 - 7:48pm
Ver mapa Como chegarInformación na web do Concello de VigoPuzzles: 20 pezas 40 pezas logo 30 pezas logo 9 pezas |
NOVIDADES:
- Menú comedor MARZO 2023
- Calendario escolar curso 2022-23 - Revista escolar "O Rechouchío" nº 19 - Os nosos vídeos en: VIMEO - YOUTUBE |
Conecta cos nosos cursos e blogues:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024
Enviado por ElenaValle o 28 Febreiro 2023 - 10:02am
Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024.
PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro Solicitude: Anexo I Lugar de entrega: secretaría do noso centro Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 23-24 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado. Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.
SEGUNDA FASE: NOVA ADMISIÓN Prazo: 1-20 marzo Solicitude: Anexo II Lugar de entrega: O centro de destino Esta segunda fase vai dirixida ao: - Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo. - Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio. - Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)
Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión. MAIS INFORMACIÓN: |
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por ElenaValle o 27 Febreiro 2023 - 10:13pm
No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor. Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.
|
ENTROIDO 2023
Enviado por Marga o 22 Febreiro 2023 - 10:36pm
O venres 17 de febreiro, celebramos o entroido no colexio. Este ano a temática común para disfrazarnos foi "Érase unha vez...a historia de ler".
|
DÍA DA PAZ 2023
Enviado por Manuela o 1 Febreiro 2023 - 8:15pm
Este luns, día 30 de xaneiro, celebramos o Día mundial da Paz e da Non Violencia. Como de costume, fixémolo todos xuntos cantando e reivindicando a Paz no mundo a través dun fermoso manifesto que leron os nenos e nenas de sexto. Este ano a canción elixida foi “Viva a xente!” Previamente decoramos as paredes do colexio con dous murais creados coa palabra PAZ escrita en varios idiomas e texturas. Ademais, os nenos e nenas visitaron a Biblioteca do centro onde puideron acceder aos libros e contos expostos no recanto dedicado á Paz, e cuxa lectura complementouse con diversas actividades realizadas nas aulas.
Este ano os encargados de dar lectura ao manifesto foron: Efrén, Gabriel, Noelia, Gael, Xoel e Aarón. Parabéns rapaces!
|
XA TEMOS DATAS PARA AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.
Enviado por ElenaValle o 18 Xaneiro 2023 - 5:18pm
As familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2023-2024, podedes facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas: MÉRCORES 8 DE FEBREIRO de 16:00h. a 17:00h. MARTES 14 DE FEBREIRO de 16:00h a 18:00h Agradecemos que nos chamedes por teléfono para confirmar a visita, coa finalidade de organizar a visita para atendervos mellor, ao número de persoas que desexedes vir. Tamén, vos invitamos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde podedes acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos. Así mesmo, deixamos a dirección dalgún dos nosos blogues de interese, onde podedes ver máis actividades que desenvolvemos co noso alumnado: - Blogue da biblioteca: - Blogue de Dinamización da Lingua Galega http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapaz/?q=taxonomy/term/78
O prazo de entrega das solicitudes de admisión, será do 1 ao 20 de marzo. Poderase recoller a documentación necesaria para iniciar o proceso, na secretaría do centro. Ou facelo por vía telemática, a través da aplicación "admisionalumnado" da sede electrónica da Xunta.
Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión, por se houbera algunha modificación. MAIS INFORMACIÓN:
|
COMEZAMOS O ANO NOVO DO COMEDOR, CO ROSCÓN DE REIS QUE NOS FIXERON.RIQUÍÍÍÍÍÍSIMO!!! E ESTE ANO COMO NOVIDADE O QUE ATOPOU A FABA TIVO PREMIO.
Enviado por ElenaValle o 11 Xaneiro 2023 - 7:40pm
|
OBRADOIRO DE TARXETAS SOLIDARIAS
Enviado por Manuela o 26 Decembro 2022 - 4:09pm
O alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria participaron nun obradoiro de tarxetas solidarias para os nenos e nenas da aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro e para os maiores do Centro Residencial de Coruxo. Ambos quedaron moi agradecidos con esta iniciativa, e así nolo quixo transmitir a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro a través da seguinte publicación, "Un contiño de Nadal".
Máis información sobre esta actividade no blogue da Meiga Tintureira e no blogue da Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. |
ASÍ VAI SER A NOSA FESTA DE NADAL!!!
Enviado por ElenaValle o 20 Decembro 2022 - 10:35am
"GRAN FESTA DE NADAL" XOVES 22 DE DECEMBRO COA COLABORACIÓN DA ANPA
- TEATRO CODIA E MOILO CON "O APALPADOR E O SEU AXUDANTE" (contratado pola ANPA) De 10:00h. a 11:00h. o alumnado de Infantil a 2º de E.P. noa biblioteca do centro, e o alumnado de 3º a 6º no pavillón. - VISITA DO PAXE REAL De 11:00h. a 12:00h. o paxe Real visitará ao alumnado do centro para recoller as cartas e obsequiarlles cun pequeno agasallo. - CAMPANADAS FIN DE ANO Ás 13:00h. en infantil farase con 12 gusanitos e en primaria coas 12 uvas, que xa nos terá preparada a nosa ANPA. - PANXOLIÑAS NAVIDEÑAS Co alumnado de 3º E 4º de E.P. a panxoliña das "Campás" e con todo o alumnado de primaria cunhas panxoliñas en inglés.
|
