Novidades

AS RECEITAS LITERARIAS DA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "O CAPITAN LENTELLA"

COLABORANDO NA EDUCACIÓN: PROXETO SEMENTES COS NENOS E NENAS DE INFANTIL

O noso equipo de cociña axudóunos a desenvolver o proxecto de sementes. E de ben nadcidos e ser agradecidos. Por iso, convidámolos a visitar o noso banco de sementes e a coñecer ao noso espantallo Arbokiqué. GRACIÑAS.

 

DÍA MUNDIAL DO PAN, 16 de outubro

Así celebramos no colexio o "Día Mundial do Pan"

PECHAMOS O CURSO CUN NOVO REGALO NO COMEDOR "O NOSO FOOD TRUCK"

Libia e familia, Sabina, e Arantxa e familia estiveron estes días dando forma no comedor, a unha nova idea para facelo máis divertido para os nosos nenos e nenas. Non paran...

E despois de moito traballo¡Mirade que ben lles quedou!

  

Xa temos ganas de comezar o colexio e facer cola para degustar a rica comida do noso comedor. 

¡Moitísimas grazas! E feliz verán.¡Sodes Xeniais!

 

A NOSA COCIÑEIRA LIBI EN "A PORTA ABERTA" DA TVG, PORQUE COMO COMEDOR ESCOLAR COMPARTIMOS O OBXECTIVO DA ORGANIZACIÓN SLOW FOOD COMPOSTELA.

Hai múltiples aspectos que fan da alimentación humana un factor determinante para acadar unha sociedade mellor. A organización Slow Food Compostela traballa neste ámbito, co obxectivo de cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza. Esta foi a máxima do programa "A porta aberta" da TVG o pasado 07/xuño de 2023, no que participuo a nosa cociñeira Libia, representando o ben facer da organización a través dos comedores escolares que pertencen a ela. 

Unha vez máis, queremos deixar constancia do orgullosos que estamos no centro, do noso equipo de cociña. Neste programa queda reflectido o seu compromiso e traballo para dar unha alimentación saudable, sostible, de cercanía, rica e divertida para os nosos nenos e nenas. Pero tamén, o seu  compromiso cos agricultores, gandeiros, granxas e pequenos comerciantes de proximidade poñendo en valor o seu traballo e os seus producto, axudando a recuperar alimentos autóctonos e dando a coñecelos ao noso alumnado e a través deles, ás familias.  Perseguindo o obxectivo da organización Slow Food Compostela: "cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza".

Grazas Libia.

Aquí tedes o enlace o programa e tamén algunhas fotos de momentos do mesmo: 

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/slow-food-compostela-6152735?t=278?t=280

 

 

ÚLTIMO CONCURSO DO NOSO COMEDOR "PASAPALABRA LARPEIRO"

 

  

 

O NOSO MENÚ DAS LETRAS GALEGAS FOI 100% GALEGO.

Distribuir contido