Escolares: ciclos

PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO

Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE!

Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte.

Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros,  e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.

Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día! 

FACEDE CLIC AQUÍ

 

Os Bolechas tamén reciclan!

Estes días non paramos de recibir visitas importantes no noso colexio.

Nesta ocasión os mismísimos Bolechas achegáronse a Tintureira para explicarlles aos nenos de 1º e 2º a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos.

Esta visita forma parte dunha campaña de sensibilización da Consellería de Medio Ambiente, nela os personaxes dos Bolechas dan pautas e coñecementos para o correcto reciclaxe destes residuos.

 

A familia Dinoseto apréndenos a reciclar!

O venres pasado os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º tiveron a sorte de desfrutar da presenza dos mismísimos Dinoseto e Dinosetiño!

Un ano máis participamos na campaña de reciclaxe promovida polo Concello que ten por obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de reciclar e de manter limpa a cidade.

Este ano a novidade foi a reciclaxe no contedor de roupa e o aceite usado.

Ao remate os nenos e nenas foron agasallados cunha mochila cun conto, un parchís magnético e un vaso.

DÍA DA MULLER 2O19

Con motivo da celebración do Día da Muller os alumnos e alumnas participaron en diferentes actividades de centro, unha destas actividades consistiu en facer un retrato sobre unha muller importante nas súas vidas, con estes retratos realizamos unha montaxe utilizando a canción "Matriarcas" de Guadi Galego como elemento motivador. Quedando desta maneira reflectidas as matriarcas do noso día a día, que como di a canción son as nosas Aleitadoras, Conquistadoras, Brillantes, Activistas da vida cotiá.

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO COLE

Durante a mañá do venres día 22 de marzo realizamos unha plantación de árbores no colexio.

Debido a necesaria tala, que semanas atrás nos vimos obrigados a facer no xardín da entrada principal do colexio, decidimos repoñer estas árbores cunha nova plantación contando coa participación de todo o alumnado do colexio.

Cada neno participou simbólicamente nesta plantación, unha árbore para cada ciclo, árbores que a partir de agora os nenos verán medrar con eles.

Unha actividade máis englobada dentro do no noso proxecto anual "Botámonos o monte"

Agradecemos ao Distrito Forestal XVIII Vigo-Baixo Miño a doazón destas árbores e a charla medioambiental "Monte Vivo" impartida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 ALBUM DE FOTOS

BOTÁMONOS AO MONTE DENDE O NOSO COLE

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Como xa todos sabedes, este ano dende o claustro de profes decidimos que queriamos darlle un aire novo ao Nadal no cole e prescindir da árbore tradicional.

 

Aproveitando o tema do proxecto que temos este ano no centro,

"Botámonos ao monte"

queríamos facer o noso propio monte no cole.

 

O resultado foi a elaboración de árbores en relieve que colocamos no noso patio, empregando a reciclaxe con periódicos vellos e facendo participar a tódolos nenos e nenas no proceso.

 

Fixemos tres troncos con bolas de folla de periódico e outros dous con anacos do mesmo material pero empregando a técnica do "papel maché" (anacos de papel pegados con cola).

 

As copas das árbores están compostas de bolas de papel contínuo combinando dous tonos de verde.

 

Velaquí o proceso e resultado:

 

 

E antes de despedirme, quería darlle as gracias tamén a:

 

- Pepe e Ángel por axudarme a colocalos que ainda levou o seu tempo...

- A todo o claustro de profes que apoian tódalas novas propostas e ideas e colaboran para levalas a cabo...

- E a tódolos nenos e nenas que se ofrecen, en moitas ocasións, a perder tempo de recreo ou diversión para botarme unha man!

 

GRACIAS!!

Estou moi orgullosa de que formemos tan bo equipo.

 

En nada estaremos por aquí de novo coas "artistadas" que estamos elaborando para o Día da Paz.

 

MOITOS AGARIMOS ARTISTAS!!!!!

 

BENVIDOS A "TINTURARTE"

 

Benvidos a "TINTURARTE",

o novo blogue de artística!

 

Dende aquí amosaremos tódalas actividades que estamos facendo e o seu "making off" (cómo se fixo).

 

Este ano temos nova aula moi ampla e luminosa con grandes mesas para traballar moi cómod@s.

 

Temos tódalas caixas ordenadas co material e con carteis

para poder traballar de maneira autónoma.

 

Ademáis, dispoñemos dunhas grandes caixas onde gardaremos as actividades que estamos realizando por cursos, e así ter a aula o máis ordenada posible.

 

Nunha das corcheiras temos as actividades en proceso por cursos, 

e noutra temos as actividades pendentes para ese trimestre e as xa realizadas.

 

Así teremos en conta o tempo que temos e nos organizaremos mellor para realizalas.

 

As cartolinas e cadernos de debuxo tamén están organizados por cursos e caixas

para que cada un poida encontrar o seu propio material.

 

 

Estade ben atentos porque tod@s apareceremos por aquí

xunto coas vosas obras de arte,

e desta maneira poderedes amosalas aos vosos familiares e amizades!

 

Isto comeza pero... recordade que para que a clase funcione

debemos recordar que somos un EQUIPO!!

 

 

Tanto para lograr obras artísticas preciosas como para recoller e manter a nosa aula limpa e ordenada Guiño

 

Moitos agarimos!!

 

A vosa profe, Nuria

 

 

 

ABRAZAMOS O MONTE

 Baixo o lema "Abrazo o monte", no día de hoxe, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso colexio participaron nunha xornada de convivencia xunto con outros 8 colexios de Vigo no monte de Sobreira e dos Pozos.

Durante esta convivencia os nenos e nenas, uns 1300 escolares, levaron a cabo unha simbólica plantación de carballos nunha das zonas seriamente afectadas polos incendios ocorridos o 15 de outubro do ano pasado. 

 

Con este xesto, e coas outras actividades que se realizaron hoxe, buscábase reivindicar a importancia do coidado do medio natural, en especial o coidado do noso querido espazo forestal, amosando ao mesmo tempo o noso rexeitamento cara aos incendios.

Unha información máis detallada do día de hoxe pode atoparse no seguinte enlace:

http://montesdevigo.blogspot.com

e visitando a nosa GALERÍA DE FOTOS

O que facemos no colexio

 

Preme o nome do ciclo que che interese visitar:

  • 1º Ciclo de E. Primaria (cursos 1º e 2º)

  • Ciclo de E. Primaria (cursos 3º e 4º)

  • Ciclo de E. Primaria (cursos 5º e 6º)

 

Distribuir contido