BENVIDOS A "TINTURARTE"
Benvidos a "TINTURARTE",o novo blogue de artística!
Dende aquí amosaremos tódalas actividades que estamos facendo e o seu "making off" (cómo se fixo).
Este ano temos nova aula moi ampla e luminosa con grandes mesas para traballar moi cómod@s.
Temos tódalas caixas ordenadas co material e con carteis para poder traballar de maneira autónoma.
Ademáis, dispoñemos dunhas grandes caixas onde gardaremos as actividades que estamos realizando por cursos, e así ter a aula o máis ordenada posible.
Nunha das corcheiras temos as actividades en proceso por cursos, e noutra temos as actividades pendentes para ese trimestre e as xa realizadas.
Así teremos en conta o tempo que temos e nos organizaremos mellor para realizalas.
As cartolinas e cadernos de debuxo tamén están organizados por cursos e caixas para que cada un poida encontrar o seu propio material.
Estade ben atentos porque tod@s apareceremos por aquí xunto coas vosas obras de arte, e desta maneira poderedes amosalas aos vosos familiares e amizades!
Isto comeza pero... recordade que para que a clase funcione debemos recordar que somos un EQUIPO!!
Tanto para lograr obras artísticas preciosas como para recoller e manter a nosa aula limpa e ordenada
Moitos agarimos!!
A vosa profe, Nuria
|
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20181008_112201.jpg | 21.59 KB |