Orientación
Segunda Charla do plan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.
Enviado por Eva o 8 Febreiro 2024 - 9:52amPlan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.
Enviado por Eva o 26 Xaneiro 2024 - 10:05am"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" A SEGUNDA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.
Enviado por ElenaValle o 24 Febreiro 2022 - 7:25pm
O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a segunda das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas. Como a anterior charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “Resolución de conflictos”. Tendo en conta a situación que estamos a vivir, grazas pola vosa asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias. Educar xuntos, sempre é máis doado. |
TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por ElenaValle o 12 Febreiro 2022 - 4:27pm
Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade. Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. |
NOVO BLOGUE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Enviado por Manuela o 30 Marzo 2020 - 1:11pm
Desde o Departamento de Orientación do colexio, informamos que a partir de hoxe os comunicados e informacións do departamento Orientación serán realizados a través do novo blogue que poñemos a vosa disposición. Poderedes acceder a el a través da páxina principal da web do colexio clicando na seguinte icona.
|
Información útil pautas e dinámicas para ás familias sobre o coronavirus
Enviado por Geli o 23 Marzo 2020 - 2:26pm
Recomendacións e consellos para familias de nenos e nenas con TEA
Enviado por Geli o 22 Marzo 2020 - 8:35pm
Dende o departamento de Orientación queremos axudar ás familias do alumnado con TEA a levar mellor estes días tan duros para todos e todas con estas recomendacións e consellos. Moito ánimo e forza! |
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Enviado por Geli o 7 Septembro 2019 - 2:42pm
Informase, dende o Departamento de Orientación, da convocatoria das axudas para alumnos e alumnas con necesidade especìfica de apoio educativo. |
BECAS e AXUDAS ANEAE para gabinete psicopedagóxico
Enviado por Anónimo o 29 Septembro 2016 - 1:26pmAmpliación do prazo de presentación de solicitudes
das axudas ANEAE:
Por resolución del Secretario de Estado de Educación, F.P. y Univ. de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.
Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo
Enviado por admin o 2 Septembro 2015 - 9:56am
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet nesta ligazón O PRAZO DE RECEPCIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO COLEXIO REMATA O DÍA 29 DE SETEMBRO, (xa que o prazo para a tramitación na consellería remata o día 30). Máis información |