O ALUMNADO DE 5º E 6º DE E. PRIMARIA, VISITARON O MUSEO DO MAR PARA VER A EXPOSICIÓN DE ANTONIO PALACIOS E PARTICIPAR NUN OBRADOIRO RELACIONADO COA SÚA OBRA.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, visitaron a exposición temporal sobre o Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, instalada no Museo do Mar. Alí puideron descubrir a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista práctico e dinámico . Xa que participaron no obradoiro “Imaxina, crea e constrúe” relacionado coa exposición de Antonio Palacios. Ao alumnado gustoulle a visita e en xeral,viñeron moi contentos.

A actividade poido realizarse de xeito gratuíto, gracias a aportación da nosa ANPA que colaborou no pago do transporte. Mil grazas.

ENTROIDO 2022

A última semana de Febreiro preparámonos para festexar novamente o entroido.

E para ambientarnos mirade que bonito decoramos o cole

 

 

 

O longo da semana e coma tódolos anos o meco deunos unha serie de ordes que por suposto, cumprimos de boa gana.

 

Mirade que guap@s estaban todos....

 

 

 

 

E por fin o venres 25 ....¡ FESTA RACHADA!

 

Tivemos uns presentadores de luxo. Gracias a Artai, Aroa e Nahia e como non a súa titora Eva.

 

Este ano non tivemos unha temática común para disfrazarnos e así os rapaces elexiron o que máis lles gustou. Tivemos moita variedade cada un segundo o seu gusto e personalidade.

 

Aquí están os máis pequeniños do cole.

 

 

E por suposto, os de primaria tamén....

 

 

 

 

 

O noso meco este ano foi unha grande máscar , que queimamos con moito gusto e sen ningunha pena querendo simbolizar o previsible fin das mesmas.

 

 

E xa para rematar bailoteo e festiña no patio.

Ata o ano seguinte!!!! A desfrutar!!!!

 

"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" A SEGUNDA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.

  O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a segunda das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o  PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas.

Como a anterior charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “Resolución de conflictos”.

Tendo en conta a situación que estamos a vivir, grazas pola vosa  asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias.  Educar xuntos, sempre é máis doado.

ENTROIDO 2022!

Atención rapaces e rapazas!

O Meco manda, o Meco ordena!

 

 

E non esquezas practicar!

 

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

DESENVOLVEUSE UN OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO DE 6º DE EDUC. PRIMARIA

 

 O pasado día 9 de febreiro, co alumnado de 6º de E.P. desenvolveuse un OBRADOIRO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. Esta actividade foi solicitada polo Departamento de Orientación do noso centro. Foi impartido por unha especialista da ASOCIACIÓN REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS, subvencionada pola Cocellería de Igualdade do noso concello.

O alumnado mostrouse moi interesado e algúns compartiron dúbidas e inquedanzas que teñen.

Dende o centro, vos pedimos que lembredes a importancia da educación familiar neste tema. E que aproveitedes para preguntarlles na casa polo obradoiro, creando un espazo de comunicación, para opinar, compartir e reflexionar. Consideramos que isto é moi importante nesta etapa que están a vivir os vosos fillos e fillas.  

 

 

 

Videochamada Webex Infantil 4 anos

Este venres día 4 de febreiro a clase de infantil 4 anos está convocada a unha videochamada.

Día: 4/2/22

Hora de inico: 12:40

Para conectarse preman na imaxe inferior

Distribuir contido