CEIP A PAZ-Tintureira
Enviado por webmaster o 6 Novembro 2009 - 2:23pm
Ver mapa Como chegarInformación na web do Concello de VigoPuzzles: 20 pezas 40 pezas logo 30 pezas logo 9 pezas |
NOVIDADES:
- Menú comedor Xaneiro 2021
- Pago Telemático Comedor
- Calendario escolar curso 2020-21
- Revista escolar "O Rechouchío" nº 15
- Os nosos vídeos en: VIMEO - YOUTUBE |
Conecta cos nosos cursos e blogues:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Preparando o Día da Paz 2021
Enviado por Manuela o 17 Xaneiro 2021 - 12:50pm
Presentamos a canción coa que este ano imos celebrar o Dia da Paz. Con ela imos realizar un baile colectivo que case todos xa coñecedes. Nos próximos dias publicaremos o baile para que tod@s poidades practicalo desde casa.
|
NADAL 2020
Enviado por Chus o 27 Decembro 2020 - 9:45pm
Ola, nenos e nenas e tamén familias. Temos preparada unha selección de actividades que se fixeron en Nadal e que van facer as vosas delicias. Aquí hai de todo: adornos, postais, panxoliñas, agasallos, bailes... Estade moi atent@s:
1. Adornos colgantes os colgamos no patio cuberto. ¡Mirade qué chulo quedou!
2. Engalanamos o cole Mirade qué árbore de Nadal tan grande e bonita! Tamén puxemos algúns adorniños polas aulas.
3. Baile e agasallos das nais da ANPA As nais da ANPA alegráronnos a despedida cuns agasallos consistentes en turrón e napolitanas (Mmmmm
5. Postais de Nadal E por suposto, non podía faltar o noso tradicional concurso de postais de Nadal nos que participaron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria. Imos botarlle unha ollada!!
Infantil 3 e 4 anos
Infantil 5 anos
Postais 1º e 2ºde Primaria
Estes rapaces/as son uns artistas!!
E os gañadores/as son...
Zoe, de Infantil 4 anos:
Iria, de Infantil 5 anos:
Elías, de 1º de Primaria
e Noa, de 2º de Primaria
Gustouvos o percorrido polo Nadal do noso cole? Pois o vindeiro ano... máis!!!
|
Inauguración da Biblioteca
Enviado por Manuela o 24 Decembro 2020 - 11:56am
Inauguramos a biblioteca do centro viaxando a “Fai 50 anos…” No blogue da Meiga Tintureira atoparedes máis información sobre esta inauguración e sobre outras moitas actividades. Grazas profe Luís, pola túa grande colaboración!
|
Despedimos a PEPE!
Enviado por Manuela o 6 Decembro 2020 - 1:15pm
Despedimos a Pepe, o noso conserxe, despois de 25 anos de plena dedicación e amor polo colexio e os nenos.
Un heroe para moitos nenos e nenas (TEXTO)
Alguén insubstituíble para tod@s os profes
|
Gañadores Concurso Literario de Inverno 2020
Enviado por Manuela o 6 Decembro 2020 - 1:04pm
Como o prometido é deuda, os gañadores e gañadoras do concurso literario de inverno do curso pasado, cancelado debido á pandemia, foron estes días merecidamente agasallados.
Na sección "En Galego!" podedes atopar máis información . ENLACE
|
MAGOSTO 2020
Enviado por Marga o 22 Novembro 2020 - 8:42pm