3º Ciclo

FAMILIA ANIMAL ------------- 6º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Por fin podemos mostrarvos unha actividade de 6º curso que tiñamos moitas ganas de rematar!

O reto consistía en convertir unha botella de plástico nun animaliño, creando volumes con papel de xornal e de cociña.

O resultado foi moi fermoso e sorprendente. Estamos moi content@s co resultado!

 

Velaquí o proceso:

1º PASO: CREAR VOLUMES CON PAPEL DE XORNAL E CINTA ADHESIVA.

 

 

 

 

 

 

 

2º PASO: CUBRIR A BOTELLA CON ANACOS DE PAPEL DE XORNAL ENGADINDO UNHA MESTURA DE COLA E AUGA A PARTES IGUAIS.

 

 

 

 

3º PASO: ENGADIMOS UNHA CAPA UNIFORME DE PAPEL DE COCIÑA, SEN DEIXAR ZONAS RUGOSAS, PARA QUE A PINTURA QUEDE MELLOR.

 

 

 

 

 

 

 

4º PASO: PINTAMOS!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5º PASO: PERFILAMOS DE NEGRO CON PINCEL FINO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FAMILIA ANIMAL!!!

 Agardamos que vos encanten!

 

Estamos nas vacacións de Semana Santa, así que descansade ben para volver con moitas forzas!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

 

 

Traballos sobre pintores de 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Durante o segundo trimestre, os rapaces e rapazas de 5º curso tiveron que facer traballo de investigación artística.

A materia de plástica non se debe centrar soamente en facer manualidades, senón que tamén ten unha parte de investigación e traballos de obras de arte importantes.

 

Neste caso, con motivo do proxecto que estamos traballando este ano no cole "Botámonos ao monte", tiñan que buscar unha pintura ou escultura relacionada co monte ou a natureza.

 

Algúns e algunhas traballaron moito e fixeron traballos moi fermosos, con artistas moi importantes da historia como Monet, Frida Khalo, Vincent Van Gogh ou Paul Cézanne.

 

Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

 

Moitos agarimos 

e a seguir traballando con tanta arte!

 

Os Bolechas tamén reciclan!

Estes días non paramos de recibir visitas importantes no noso colexio.

Nesta ocasión os mismísimos Bolechas achegáronse a Tintureira para explicarlles aos nenos de 1º e 2º a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos.

Esta visita forma parte dunha campaña de sensibilización da Consellería de Medio Ambiente, nela os personaxes dos Bolechas dan pautas e coñecementos para o correcto reciclaxe destes residuos.

 

A familia Dinoseto apréndenos a reciclar!

O venres pasado os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º tiveron a sorte de desfrutar da presenza dos mismísimos Dinoseto e Dinosetiño!

Un ano máis participamos na campaña de reciclaxe promovida polo Concello que ten por obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de reciclar e de manter limpa a cidade.

Este ano a novidade foi a reciclaxe no contedor de roupa e o aceite usado.

Ao remate os nenos e nenas foron agasallados cunha mochila cun conto, un parchís magnético e un vaso.

DÍA DA MULLER 2O19

Con motivo da celebración do Día da Muller os alumnos e alumnas participaron en diferentes actividades de centro, unha destas actividades consistiu en facer un retrato sobre unha muller importante nas súas vidas, con estes retratos realizamos unha montaxe utilizando a canción "Matriarcas" de Guadi Galego como elemento motivador. Quedando desta maneira reflectidas as matriarcas do noso día a día, que como di a canción son as nosas Aleitadoras, Conquistadoras, Brillantes, Activistas da vida cotiá.

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO COLE

Durante a mañá do venres día 22 de marzo realizamos unha plantación de árbores no colexio.

Debido a necesaria tala, que semanas atrás nos vimos obrigados a facer no xardín da entrada principal do colexio, decidimos repoñer estas árbores cunha nova plantación contando coa participación de todo o alumnado do colexio.

Cada neno participou simbólicamente nesta plantación, unha árbore para cada ciclo, árbores que a partir de agora os nenos verán medrar con eles.

Unha actividade máis englobada dentro do no noso proxecto anual "Botámonos o monte"

Agradecemos ao Distrito Forestal XVIII Vigo-Baixo Miño a doazón destas árbores e a charla medioambiental "Monte Vivo" impartida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 ALBUM DE FOTOS

SÍMBOLO DA PAZ ---- 5º e 6º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE 

POLA PAZ!

 

Última entrega do Día da Paz para amosarvos os adornos que elaboraron @s nen@s de 5º e 6º curso.

Trátase do símbolo da Paz, pintado con cera negra e decorado con puntiños de témpera feitos con bastonciños e pinceis.

Nunha primeira proba, fixémolos en branco pero como o resultado non foi o esperado cambiamos o fondo por negro.

 

Velaquí o traballo de 5º curso:

 

 

 

 

O traballo de 6º B:

 

 

 

 

 

 

E por último, así de bonitas quedaron as nosas árbores do patio.

 

 

Ata a próxima!!

 

Moitos agarimos 

e aseguir traballando con tanta arte!

 

ÁRBORES RECICLADAS DE 6º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Chegamos ao final da mostra dos adornos navideños, e como non, tiñamos que rematar coas fermosas árbores de 6ºA e 6ºB.

Empregando revistas e pregando as súas follas unha por unha, deu como resultado estas orixinais árbores que rematamos poñendolle un pouco de porespán triturado e unha estrela de gomaeva.

Velaquí o proceso:

Agardo que vos gusten tanto como a min!

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

 

BOLAS NAVIDEÑAS DE 5º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Os nenos e nenas de 5º curso fixeron o seu adorno navideño inspirándose nas bolas de cristal navideñas empregando pratos de cartón dorados e prateados. 

Pintaron unhas montañas con témperas, pegaron unha foto súa, puxéronlle o pedestal e, por último, a neve con porespán triturado.

Velaquí o proceso:

 

Agardamos que vos gusten!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

Retratad@s!-------------- Curso: 6º A

 

BENVIDOS E BENVIDAS

A TINTURARTE!!!

 

Hoxe amosámovos un dos traballos da aula de 6º A, unha actividade para desenvolver a súa creatividade e de concienciación para o reciclaxe de materiais.

 

 

Fixeron un retrato de sí mesmos ou de compañeir@s, empregando ceras, revistas, lás, legumes e demáis materiais para conseguir estes orixinais retratos.

 

 

Quedaron realmente orixinais!

Agardo que vos gusten!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

Distribuir contido