Traballos sobre pintores de 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Durante o segundo trimestre, os rapaces e rapazas de 5º curso tiveron que facer traballo de investigación artística.

A materia de plástica non se debe centrar soamente en facer manualidades, senón que tamén ten unha parte de investigación e traballos de obras de arte importantes.

 

Neste caso, con motivo do proxecto que estamos traballando este ano no cole "Botámonos ao monte", tiñan que buscar unha pintura ou escultura relacionada co monte ou a natureza.

 

Algúns e algunhas traballaron moito e fixeron traballos moi fermosos, con artistas moi importantes da historia como Monet, Frida Khalo, Vincent Van Gogh ou Paul Cézanne.

 

Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

 

Moitos agarimos 

e a seguir traballando con tanta arte!