TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

O ALUMNADO DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA, VISITARON NO MUSEO DO MAR A EXPOSICIÓN DE ANTONIO PALACIOS E PARTICIPARON NUN OBRADOIRO RELACIONADO COA SÚA OBRA.

   O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, visitaron a exposición temporal sobre o Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, no Museo do Mar. Alí descubriron a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista  e participaron no obradoiro “Imaxina, crea e constrúe” relacionado con dita exposición. Ao alumnado gustoulle a visita e en xeral,viñeron moi contentos.

A actividade poido realizarse de xeito gratuíto, gracias a aportación da nosa ANPA que colaborou no pago do transporte. Mil grazas.

 

 

 

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE E. PRIMARIA, VISITARON O MUSEO DO MAR PARA VER A EXPOSICIÓN DE ANTONIO PALACIOS E PARTICIPAR NUN OBRADOIRO RELACIONADO COA SÚA OBRA.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, visitaron a exposición temporal sobre o Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, instalada no Museo do Mar. Alí puideron descubrir a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista práctico e dinámico . Xa que participaron no obradoiro “Imaxina, crea e constrúe” relacionado coa exposición de Antonio Palacios. Ao alumnado gustoulle a visita e en xeral,viñeron moi contentos.

A actividade poido realizarse de xeito gratuíto, gracias a aportación da nosa ANPA que colaborou no pago do transporte. Mil grazas.

ENTROIDO 2022

A última semana de Febreiro preparámonos para festexar novamente o entroido.

E para ambientarnos mirade que bonito decoramos o cole

 

 

 

O longo da semana e coma tódolos anos o meco deunos unha serie de ordes que por suposto, cumprimos de boa gana.

 

Mirade que guap@s estaban todos....

 

 

 

 

E por fin o venres 25 ....¡ FESTA RACHADA!

 

Tivemos uns presentadores de luxo. Gracias a Artai, Aroa e Nahia e como non a súa titora Eva.

 

Este ano non tivemos unha temática común para disfrazarnos e así os rapaces elexiron o que máis lles gustou. Tivemos moita variedade cada un segundo o seu gusto e personalidade.

 

Aquí están os máis pequeniños do cole.

 

 

E por suposto, os de primaria tamén....

 

 

 

 

 

O noso meco este ano foi unha grande máscar , que queimamos con moito gusto e sen ningunha pena querendo simbolizar o previsible fin das mesmas.

 

 

E xa para rematar bailoteo e festiña no patio.

Ata o ano seguinte!!!! A desfrutar!!!!

 

"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" A SEGUNDA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.

  O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a segunda das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o  PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas.

Como a anterior charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “Resolución de conflictos”.

Tendo en conta a situación que estamos a vivir, grazas pola vosa  asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias.  Educar xuntos, sempre é máis doado.

ENTROIDO 2022!

Atención rapaces e rapazas!

O Meco manda, o Meco ordena!

 

 

E non esquezas practicar!

 

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

Distribuir contido