3º Ciclo

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMAIRA , TIVO AS CHARLAS EDUCATIVAS DO PLAN DIRECTOR, ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO.

Esta actividade foi proposta polo Departamento de Orientación. O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, ofrecenos aos centros educativos, a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.  Poden ser sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As charlas que resultaron de gran interesa para alumnado e profesorado, foron:

Co alumando de 5º de E. Primaria sobre riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía).

Co alumando de 6º de E. Primaria sobre acoso escolar.

 

 

O ALUMNADO DE 5º E 6º TIVO UNHA CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA IMPARTIDA POR DOUS POLICIAS DA SECCIÓN DE EDUC. VIARIA DA POLICÍA LOCAL DE VIGO.

Con esta actividade trataron de transmitir a importancia dos valores que lles axudan a interiorizar e empregar hábitos e actitudes , que garantan a prevención de riscos nas vías de uso público, como peóns o usuarios de algún medio de transporte.

A educación na escola e nas familias, é o pilar fundamental para a prevención de accidentes de tráfico, e para que teñamos unha boa convivencia nas nosa rúas, xa que as personas estamos detrás da maioría das incidencias viales. Ás veces, é de forma inconsciente ou por descoñecemento. Pero a maioría das ocasiones, é de maneira intencionada por non respectar as normas que nos protexen a todos.

Por iso, estas charlas pretenden concienciar ao alumnado para que mellore no seu facer como cidadán, porque iso axudará a mellora o lugar no que vivimos e todos gozaremos máis das posibilidades que nos ofrece.    

 

PARTICIPAMOS NO 38 CONCURSO DO CRUPO SOCIAL ONCE "EL CAMINO QUE NOS HACE IGUALES".

Este concurso escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 edición, convidounos a participar e traballar, unidos pola inclusión. E baixo o lema "El camino que nos hace iguales", propúxonos cambiar da sensibilización a acción, creando un cartel que enviamos acompañado dun audio explicativo do mesmo. Da man do ONCELIO o seu icónico isotipo, soupemos a propuesta pedagóxica que nos guiou nesta tarefa na que quixemos colaborar coas nosas ideas, os nosos debates, a nosa ilusión e a creatividade como equipo. Este foi o magnífico resultado co que xa nos sentimos algo gañadores. 

CARTEL DO ALUMNADO DE 3º DE EDUC. PRIMARIA

 

CARTEL DO ALUMNADO DE 4º DE EDUC. PRIMARIA

CARTEL DO ALUMNADO DE 5º A DE EDUC. PRIMARIA

CARTEL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUC. PRIMARIA

A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen

como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. 

Ensinando a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación

para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.

O ALUMNADO DE 5º e 6º DE E.P. " TIVO A CHARLA "O MONTE É VIDA", IMPARTIDA POR AXENTES MEDIOAMBIENTAIS DO DISTRITO FORESTAL XVIII (VIGO-BAIXO MIÑO).

O Pasado luns, día 21 de marzo, dous axentes Medioambientais do Distrito Forestal XVIII (Vigo - Baixo Miño), deron unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Educ. Primaria, titulada “O monte é vida”.

Ensináronnos os tipos de montes que temos, o importantes que son para nós pola riqueza que gardan, e sobre todo, como debemos coidalos e actuar para que a vida e a vexetación que teñen, estean a salvo do perigo do lume.

Coñecemos o seu traballo, comprendemos a importancia das súa tarefas para salvagardar os nosos montes. Pero tamén, que todos e todas temos unha parte moi importante de responsabilidade, para coidalos, protexelos e gozar deles sen poñelos en perigo.

Resultou moi interesante e aos nenos e nenas, gustoulles moito.

Dende o centro, agradecemos a súa colaboración neste aspecto da educación do noso alumnado.

TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE E. PRIMARIA, VISITARON O MUSEO DO MAR PARA VER A EXPOSICIÓN DE ANTONIO PALACIOS E PARTICIPAR NUN OBRADOIRO RELACIONADO COA SÚA OBRA.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, visitaron a exposición temporal sobre o Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, instalada no Museo do Mar. Alí puideron descubrir a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista práctico e dinámico . Xa que participaron no obradoiro “Imaxina, crea e constrúe” relacionado coa exposición de Antonio Palacios. Ao alumnado gustoulle a visita e en xeral,viñeron moi contentos.

A actividade poido realizarse de xeito gratuíto, gracias a aportación da nosa ANPA que colaborou no pago do transporte. Mil grazas.

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

Distribuir contido