V1402004 Xornadas de Robótica e Realidade Aumentada
Enviado por sinfonia40 a Xov, 27/11/2014 - 11:45Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
O día 28 de novembro e ata o 4 de decembro, terán lugar as Xornadas de Robótica e Realidade Aumentada, no CFR de Vigo.
Summary:
Summary:
O vindeiro mércores, 12 de novembro, ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade "A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores". Este día contaremos coa presenza como autor invitado do escritor Carlos Reigosa.
Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a proximidade dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo.
Emitiremos a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:
Summary:
Referencia: L1402006
Data límite de inscrición: 05/11/2014
Prazas: 30
Duración: 12 horas
Estas xornadas desenvolveranse os días 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro de 18 a 21 horas no Salón de Actos do IES Lucus Augusti (Av. de Rodríguez Mourelo, s/n - 27002 Lugo).
File:
Summary:
Aprender nos museos
Referencia: C1402002
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 29/10/2014 - 27/11/2014
Data límite de inscrición: 30/09/2014
Lugar: A Coruña
Prazas: 25
Horas presenciais: 15
Horas non presenciais: 0
Lugar de celebración: os diferentes museos a estudar. (Ver programa)
Obxectivos
1. Presentar ao profesorado os recursos didácticos que ofrecen os museos da localidade como ferramentas fundamentais na aprendizaxe de contidos histórico-artístico.
2. Desenvolver competencias profesionais cara á selección, utilización e elaboración de actividades didácticas en base a estes recursos museísticos que podan levarse á práctica de aula nos diferentes niveis educativos.
3. Fomentar o traballo colaborativo e de investigación entre o profesorado participante na actividae e o persoal técnico das entidades museísticas, posibilitando a futura formación de grupo de traballos de carácter multidisciplinar.
Contidos
1. Emprego dos fondos museísticos como fonte de recursos e materiais didácticos.
2. Presentación dos programas didácticos, actividades e obradoiros propostos polos diferentes museos visitados.
3. Bases para a planificación dunha visita didáctica: obxectivos, contexto curricular, multidisciplinariedade.
4. Orientacións para a elaboración de guía didácticas de aproveitamento de museos e da súa riqueza patrimonial.
Asesor responsable da actividade na Coruña:
Asesor: MAQUEDA BLASCO, Mª ASCENSIÓN
Enderezo Electrónico: mmaqueda@edu.xunta.es
File:
Summary:
Dende o día 15 de outubro ata o 29, terán lugar as Xornadas sobre Técnicas para o coidado da voz, para profesorado de todas as áreas e etapas do sistema educativo.
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Dende o día 15 de outubro ata o 29, terán lugar as Xornadas sobre Técnicas para o coidado da voz, para profesorado de todas as áreas e etapas do sistema educativo.
Summary:
I Encontros para falar, cantar e contar
Referencia: C1403001
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 15/10/2014 - 29/10/2014 en Vimianzo e 14/10/2014 - 28/10/2014 na Coruña
Data límite de inscrición: 29/09/2014
Lugar: Vimianzo
Prazas: 60
Obxectivos
1.Valorar a lingua oral como medio de expresión e comunicación.
2.Fornecer distintas estratexias metodolóxicas para traballar a lingua oral.
3. Dar a coñecer a tradición oral galega para a súa incorporación á escola.
Contidos
1.Aproveitamento na aula dos contos, refráns, lendas, cantigas, cancioneiro, etc, da tradición oral galega.
2.A arte de contar contos.
3.A dramatización como aglutinadora das diversas linguaxes expresivas.
Asesor responsable da actividade en Vimianzo:
Asesor: VARELA MARTÍNEZ, JOSÉ MARÍA
Enderezo Electrónico: jose.maria.varela@edu.xunta.es
Asesor responsable da actividade na Coruña:
Asesor: FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
Enderezo Electrónico: fernandeztrelles@edu.xunta.es
File:
Summary:
Referencia: C1401018
1ª Xornada - 30/9 de 17:00 a 21:00 horas
Desenvolvemento normativo da FP básica en Galicia
Relator: Jesús Manuel Rodríguez Buján
2ª Xornada - 7/10 de 17:00 a 21:00 horas
Os títulos e os currículos de formación profesional básica.
As programacións de módulos na formación profesional básica
Relatora: Sonia García Novoa
Horas presenciais: 8
Obxectivos
1. Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE.
2.Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia.Estrutura dos títulos de FP básica.
3.Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.
Contidos
1.A Lei orgánica 8\2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
2.O desenvolvemento normativo da LOMCE en Galicia.Os títulos de FP básica.
3.Procedemento de elaboración na aplicación informática de programacións na FP básica.
Asesor responsable da actividade
Asesor: PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT
Enderezo Electrónico: mpenelas@edu.xunta.es
Observacións
Sede: CFR A Coruña-aula de audiovisuais. 3º Andar. Relator 1ª sesión: D. Jesús Manuel Rodríguez Buján. Relator 2ª sesión: Dona Sonia García Novoa.