Gallego

Instrumentos e estratexias para a detección do abandono escolar temperán

Gallego

Podes acceder á aula virtual do proxecto facendo clic na seguinte ligazón: All Aboard

All Aboard
All Aboard

Propostas para escolaTAC Infantil e Primaria

Summary: 

Propón temáticas e relatores para a actividade "G1602003 - Xornada escolaTAC Infantil e Primaria" que se celebrará o sábado 25 de marzo na EGAP en Santiago.
Gallego

O sábado 25 de marzo celebraremos na EGAP (Santiago de Compostela) a actividade EscolaTAC Infantil e Primaria e estamos elaborando o programa. Que temáticas che apetecería que aparecesen? Gustaríache que participase algún relator concreto?

Coas propostas de todos e todas podemos facer un escolaTAC mellor. Deixa as túas suxestións no correo antonvicente@edu.xunta.es .

escolaTAC infantil e primaria
escolaTAC infantil e primaria

S1601164 Creación de minivídeos para a docencia

Summary: 

Novo curso presencial para a produción audiovisual nas aulas.
Gallego

Curso de 20 horas de duración con 16 horas presenciais e 4 horas na rede. Ten 5 sesións, a primeira delas terá lugar no Centro Autonómico de Formación (CAFI) en Santiago de Compostela e as seguintes no IES de Cacheiras (Cacheiras, Teo).

O curso será impartido polo profesor Sergio Clavero de Aturuxo Films con ampla experiencia no mundo audiovisual.

Os obxectivos do curso son:

1.Deseñar pequenos artefactos de aprendizaxe dirixidos ás aulas.

2.Manexar ferramentas na Rede, software e aplicacións en dispositivos móbiles de xeito autónomo.

3.Descubrimento de novos modelos de ensino-aprendizaxe

E os contidos:

1.Conceptos básicos nun minivídeo.

2.Deseño e planificación: curación de contidos, abstracción da información, creación de mensaxes e elaboración de guións.

3.Emprego de ferramentas TIC diversas.

4.Gravación e edición.

5.Aplicación dos minivídeos nas aulas

Máis información no documento adxunto e inscrición en Fprofe ata o 25 de xaneiro, prazas limitadas.

 

S1601164 Creación de minivídeos para a docencia
S1601164 Creación de minivídeos para a docencia

G1601036 GNU/Linux e o software libre para a elaboración de materiais didácticos

Summary: 

Curso na Rede de iniciación nunha contorna Linux e Software Libre para elaborar materiais didácticos.
Gallego

G1601036 GNU/Linux e o software libre para a elaboración de materiais didácticos

Modalidade: na Rede (PLATEGA)

 

Temporalización:  06/03/2017  -  22/05/2017

 

Data límite de inscrición: 06/02/2017

Prazas:  50

Horas: 50 h (non presenciais)

Destinatarios: Todos os ensinos

Obxectivos:

1.Instalar e manexar unha distribución GNU/Linux a nivel usuario.

2.Coñecer as posibilidades de uso e os beneficios da aplicación do software libre no sistema educativo

3.Deseñar materiais didácticos para utilizar na aula usando software libre.

Contidos:

1.Software libre e sistemas GNU-Linux

   1.1.Instalación dun Sistema Operativo libre

   1.2.Procura e instalación de novos programas

2.Alternativas libres aos programas e aplicacións de uso xeral

   2.1.Formatos estándar e interoperabilidade

   2.2.Ferramentas para o deseño e tratamento de imaxes

   2.3.Edición de audio e vídeo

3.Creación e difusión de materiais educativos

Neste curso aprenderemos a instalar Linux nun computador e a familiarizarnos coas súas funcionalidades básicas. Instalaremos e aprenderemos a manexar diferentes ferramentas de software libre de edición de imaxe, vídeo, son... e trataremos da súa aplicación na elaboración de materiais didácticos.

G1601036 GNU/Linux e o software libre para a elaboración de materiais didácticos

G1601085 - O portafolios educativo como instrumento de aprendizaxe e avaliación

Summary: 

Curso na Rede de 40 horas para 50 prazas dentro da plataforma Platega2 a celebrar desde o 16 de xaneiro ao 13 de marzo
Gallego

Referencia: G1601085

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  16/01/2017  -  13/03/2017
Data límite de inscrición: Ata o 19/12/2016
Lugar: PLATEGA
Prazas:  50

Horas totais: 40

Obxectivos

1.Dar a coñecer que é un portafolios, que partes o compoñen, como se organiza e como se avalía.

2.Amosar ferramentas web 2.0 para a elaboración de un e-portafolios e coñecer a súa semántica e sintaxe.

3.Dar pautas sobre o proceso de reflexión educativa como mecanismo de autorregulación da aprendizaxe para a creación dun e-portafolios docente e para acompañar a creación do e-portafolios do alumno.

Contidos

1.O portafolios como sistema de ensino e aprendizaxe.

2.Ferramentas abertas para o desenvolvemento e avaliación do portafolios: ferramentas institucionais (Agueiro).

3.E-portafolios docente e e-portafolios do alumno:

   3.1.Partes de cada un.

   3.2.Medidas de acompañamento.

   3.3.Como avaliar un e-portafolios.

Inscrición en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe

Asesor: Xosé Antón Vicente Rodríguez - antonvicente@edu.xunta.es

G1601085 - O portafolios educativo como instrumento de aprendizaxe e avaliación
G1601085 - O portafolios educativo como instrumento de aprendizaxe e avaliación

Xornada escolaTAC (secundaria e bacharelato)

Gallego

O vindeiro sábado 3 de decembro terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela a terceira edición de escolaTAC, dirixida a profesorado de secundaria e bacharelato.

A través de obradoiros, o profesorado terá a oportunidade de experimentar diferentes formas de traballo integrando medios tecnolóxicos e novas tendencias metodolóxicas: o proxecto de hardware libre Arduino; a impresión 3D;  experiencias e retos co robot mBot Ranger; o enfoque “aula invertida"; a xestión de aulas virtuais con Google Classroom e as ferramentas G Suite; o portafolios dixital; a integración da teoría das intelixencias múltiples e o seu impacto nos obxectivos e procesos de ensinanza-aprendizaxe; e a creación audiovisual con aplicacións móbiles.

 
escolatac
escolaTAC

C1602015: Introdución ao manexo do kit de Robótica Educativa

Gallego

Introdución ao manexo do kit de Robótica Educativa

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Dispositivos.

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

Forma de participación: Mixta

Modalidade: Xornadas

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: C1602015

Centro de formación e recursos: A Coruña

Temporalización: 29/11/2016 - 14/12/2016

Data límite de inscrición: 28/11/2016

Lugar: IES Maximino Romero de Lema

Prazas: 30

Horas totais: 30 Horas presenciais: 9 Horas non presenciais: 3 (En rede)

Destinatarios Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades Todos os corpos

Obxectivos

1.Coñecer e manexar con soltura o kit de robótica educativa

2.Dominar os distintos enfoques metodolóxicos e actividades de aula que o kit permite

3.Explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM

Contidos

1.Hardware incluido no kit de robótica educativa

2.Montaxe, manexo e programación do kit

3.Utilización do kit de robótica educativa na aula

4.Metodoloxía e innovación desde a robótica

MBot Ranger
MBot Ranger

G1602004 EscolaTAC ESO/Bacharelato

Summary: 

A través de obradoiros sobre creación audiovisual, impresión 3D, robótica, ferramentas educativas de Google, portafolios dixital, programación con Arduino, aula invertida e intelixencias múltiples esta xornada será un lugar onde aprender non só sobre tecnoloxía senón tamén sobre formas novidosas da súa introdución e uso nas aulas.
Prazo de inscrición: Ata o 10 de novembro.
Gallego

Referencia: G1602004
Destinatarios: Profesores de ensino secundario

Data de realización:  03/12/2016
Duración: 8 horas
Lugar: EGAP. Santiago de Compostela
Prazas:  175

Obxectivos

1.Coñecer novas propostas metodolóxicas que integran as TIC e as TAC.

2.Experimentar de forma práctica a aplicación de diferentes metodoloxías para a aula.

3.Reflexionar sobre as posibilidades de aplicación real das propostas vivenciadas.

Contidos

1.Propostas metodolóxicas para a integración das tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento nos centros educativos.

escolaTAC ESO/Bacharelato
escolaTAC ESO/Bacharelato

G1601092 Webs dinámicas: Moodle (Aproveitamento didáctico)

Summary: 

Aproveita as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprende a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.
Inscríbete en Fprofe antes do 4 de outubro!
Gallego

A través deste curso na Rede aprenderás a aproveitar as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprenderás a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.

INSCRICIÓN: www.edu.xunta.gal/fprofe  (Referencia: G1601092)
 

Obxectivos

1.Adquirir a competencia necesaria para a utilización da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.
2.Coñecer as principais características de Moodle como software para a creación de cursos na Rede e xestionalo como profesor-titor.
3.Coñecer e utilizar adecuadamente os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle, distinguindo cales son as máis adecuadas para cada situación de aprendizaxe.

 

Contidos

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.
2.Interface de Moodle. Creación e configuración inicial dun curso.
3.Xestión de cursos e matriculación de usuarios.
4.Deseño de cursos na aula virtual.
5.Creación de recursos na aula virtual (etiquetas, páxinas web, ligazóns, libro...).
6.As actividades na aula virtual (tarefas, escollas, cuestionarios, enquisa, wiki, foros...).
7.Avaliación e informes.

 

Temporalización:

O curso dará comezo o 24 de outubro e finalizará o 30 de novembro de 2016.

 

Horas do curso:

30 h. na Rede

Moodle. Aproveitamento didáctico
Moodle. Aproveitamento didáctico