Gallego

Cara a unha dirección eficaz

 

 

                                                      

CONTIDO:

1. As Competencias Profesionais

2. As Dimensións da Dirección Educativa

 

1. As Competencias Profesionais

Nestes tempos a noción de “competencia” vén impoñéndose con forza no mundo laboral, onde a educación non queda á marxe. Aspírase a formar persoas profesionalmente competentes, onde o conxunto de aptitudes, actitudes e habilidades propias da persoa se sumen ás destrezas e coñecementos adquiridos coa formación e a experiencia laboral dando lugar a profesionais altamente eficaces e eficientes no desempeño do seu labor.

En cada posto de traballo a persoa que o ocupa, debe desempeñar funcións que requiran o dominio dunhas competencias profesionais que, en ocasións, non foron conseguidas coa formación inicial ou que, noutros casos, os procesos de cambio esixen unha actualización ou reciclaxe para que o desempeño de ditas funcións sexan realizadas o mellor posible e a consecución dos obxectivos institucionais non se vexan dificultados.

En relación ás competencias profesionais do modelo competencial da Rede de Formación deberemos ter en conta que no desempeño dun cargo de dirección nun centro educativo, temos que falar ademais de habilidades propias e adquiridas da persoa directora que favorecerán o correcto desempeño desta función laboral.

A) Habilidades e destrezas propias ou persoais (Eficacia persoal)

Entenderemos estas como un conxunto de actitudes, características, capacidades e comportamentos propios dunha persoa, que aínda podendo ser mellorados e traballados, dependen en maior medida da personalidade intrínseca da propia persoa que da aprendizaxe posterior.

Infografía 1 para descargar "12 Habilidades e destrezas da persoa directora"

Infografía 2 para descargar "Resumo. "12 habilidades e destrezas da persoa directora"

B) Habilidades e destrezas adquiridas (Eficacia profesional)

Entenderemos estas como un conxunto de aptitudes e coñecementos non innatos á nosa persoa e que dependen en gran medida da nosa formación estando en consonancia coas demandas do cargo a desempeñar.

Poderanse organizar en catro grandes bloques ou áreas:

Administrativa. Xestión económica e documental 

De Goberno. Dirección organizativa e de funcionamento, clima de convivencia e liderado

Académica. Dirección pedagóxica. Xestión curricular

Relacional. Relacións exteriores e representación

Infografía para descargar

 

2. As Dimensións na dirección educativa

Para a análise da práctica directiva nun centro educativo podemos diferenciar 4 áreas ou dimensións:

A) Xestión

A dirección debe ser competente na xestión de persoas, recursos, tecnoloxía e información. A xestión de hoxe está enfocada cara ao cambio, involucra persoas, apóianse nelas e ten en conta sentimentos, emocións e ideas que estas persoas poidan compartir.

B) Liderado

A persoa directora deberá ser capaz de liderar o equipo de traballo conseguindo aunar ao colectivo da comunidade educativa nunha misión común na que se apliquen e se impliquen, aprendendo de boas prácticas e contribuíndo na mellora continua.

C) Mediación

A figura da dirección deberá ser capaz de mediar en conflitos e proporcionar un clima de convivencia escolar axeitado

D) Formación

A persoa directora deberá ser capaz de promover a formación continua do profesorado do centro tendo en conta as necesidades e demandas da súa propia comunidade educativa

E) Proxección

A dirección debe ser competente para crear un plan e un proxecto cun obxectivo concreto e ademais ser capaz de darlle visibilidade fóra do propio centro educativo

F) Calidade

Permitirá avaliar a organización, impulsar unha mellora continua, fomentar a innovación e incitar ao cambio.

"O servizo educativo que se proporciona será de calidade sempre e cando as necesidades e expectativas dos usuarios queden satisfeitas" (Martínez e Riopérez, 2005)

Infografía para descargar

Gallego
collage cabeceira

A dirección. Novas dinámicas

O modelo de dirección foi cambiando conforme foron sucedendo os diferentes marcos normativos no ámbito educativo.

Coa publicación da LOCE no ano 2002 prodúcese unha notable transformación do modelo, xa que se pasa dun proceso electivo no acceso ao cargo á instauración dun modelo baseado na selección realizada por unha comisión designada ao efecto, na cal se teñen en conta os méritos dos candidatos. Posteriormente coa LOE (2006) consolídanse a maior parte dos cambios anteriores introducíndose algunhas modificacións que devolven parte do protagonismo á comunidade e aos docentes poñendo especial fincapé na necesidade de obter o apoio da comunidade educativa.

Ambas Leis Orgánicas establecían, como segunda fase do proceso de selección de directores e directoras, a obrigatoriedade de cursar un Programa de Formación Inicial, que se debería de superar para obter o nomeamento definitivo. O deseño e organización do programa corría a cargo das Comunidades Autónomas. Iso supuxo, durante algúns anos, diferenzas no programa de formación inicial entre unhas Comunidades Autónomas e outras.

A aprobación da LOMCE (2013) supuxo unha nova transformación do modelo directivo, pasando a converterse esta formación específica para o exercicio do cargo nun requisito imprescindible para o acceso á dirección. Dita formación, recoñecida a través dunha acreditación, está regulada polo Real Decreto 894/2014, de 17 de outubro, no que tamén quedan regulados os cursos de actualización de competencias directivas.

O aumento da autonomía dos centros educativos e o reforzo da capacidade de xestión da dirección é un factor clave na transformación do Sistema Educativo para atender ás novas demandas de aprendizaxe do século XXI.

Real decreto 894/2014, do 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 134.1.c) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como dos correspondentes cursos de actualización de competencias directivas.

Gallego

G1702020 Xornada do Día das Letras Galegas. María Victoria Moreno

Summary: 

O Centro Autonómico de Formación e Innovación en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza a Xornada do Día das Letras Galegas que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, María Victoria Moreno.
Gallego

As sesións formativas desenvolveranse o día 5 de maio en horario de mañá e tarde no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Na sesión de mañá, ademais da conferencia inaugural, que impartirán Xesús Alonso Montero e Xesús Rábade Paredes, haberá relatorios de Ánxela Gracián, Marilar Aleixandre, Xavier Senín e Ana Blanca Roig Rechou. A tarde estará destinada á presentación de experiencias dos centros educativos, entre elas as dos centros gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2018.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é achegarlle a figura de María Victoria Moreno a toda comunidade educativa e, alén diso, propiciar no seu seo o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega.

O profesorado interesado en participar pode inscribirse en: fprofe

Xornada Letras Galegas 2018
Xornada Letras Galegas 2018

VI Encontros de Educación Infantil e Primaria

Summary: 

A celebración dos VI Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula.
Gallego

INSCRICIÓN EN FPROFE: Código da actividade: G1703002

Data de celebración: sábado 5 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Abanca / Santiago de Compostela

Horario: 9:30 -  20:00h

Xuntamos Programa da Actividade

Horas: 8 horas

A celebración dos VI Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula. Para a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE, que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

Xúntase Programa

 

A escola que queremos
A escola que queremos

STEMLab Galicia

Gallego
O vindeiro venres 20 de abril celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, STEMlab Galicia.
 
Será a maior feira educativa en Galicia para centros educativos na que se amosará o excelente labor educativo de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
 
Poderá atopar toda a información relevante e o formulario de inscrición na páxina: http://stemlab.gal 
STEMlab Galicia
STEMlab Galicia

S1702046 Xornadas Xosé Calviño. Ciberconvivencia Positiva: Educando en rede

Summary: 

Gallego
Os vindeiros días 17,18 e 19 de abril, celebraranse no IES Xelmírez I as "Xornadas Xosé Calviño" no que se tratará o tema da Ciberconvivencia positiva: Educando en rede
Os obxectivos son os seguintes: Identificar e xestionar as emocións,  compartir actitudes positivas, coñecer estratexias para educar no uso das redes sociais, comprender as principais características e dinámicas da convivencia nos centros e nas redes sociais. 
Trataránse os seguintes contidos: Roles, dinámicas e aprendizaxe de prevención do acoso e ciberacoso escolar, as redes sociais como espazos de relación dos adolescentes, acoso e ciberacoso escolar. Definicións e características, cibermentoría, fomento da convivencia nos centros educativos. 

Datas: 17,18 e 19 de abril

Lugar de celebración: IES Xelmírez I

Número de horas: 12h

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=85925

 

Xornadas
Xornadas

G1702014 Xornadas de formación dos xefes e xefas dos departamentos de orientación. Curso 2017-2018

Summary: 

Actividade dirixida ás persoas responsables dos departamentos de Orientación
Gallego
A actividade ten por obxecto a actualización das persoas responsables dos departamentos de orientación dos centros educativos naquelas cuestións que afectan ao seu labor de asesoramento. Na xornada deste curso centrarémonos en tres aspectos fundamentais: 
- A orientación con cerebro: Axuda da neurociencia ao labor orientador
- A convivencia positiva
- A importancia de promover a educación para a igualdade

Data: 18 de abril de 2018

Lugar: EGAP Santiago de Compostela

Número de horas: 8 

Ligazón a fprofe: Aquí

Orientación con cerebro
Orientación con cerebro

S1701049 Asesoramento no proceso de elaboración e avaliación da concreción curricular de centro

Summary: 

Os xefes e xefas dos Departamentos de orientación dos centros educativos, así coma as direccións e as xefaturas de estudos, exercen un papel fundamental na dinamización do profesorado e no asesoramento para a elaboración das propostas curriculares.
Gallego

A actividade ten por obxecto favorecer ese labor de asesoramento a través do afondamento no coñecemento dos elementos do currículo, nos aspectos pedagóxicos e curriculares  e na adquisición de estratexias que apoien o traballo en equipo.

Data de comezo: 16 de abril

Data de finalización:16 de maio

Horas: 20 (15 presenciais e 5 non presenciais)

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/detalleActividade.do?DIALOG-EVENT-consultar&clave=S1701049

Concreción curricular
Concreción curricular

G1702044 - Trinity College. GESE graos 10 e 11. Nivel C1

Summary: 

Probas de acreditación de inglés C1
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE C1 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702044
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/05/2018  -  25/05/2018
Data límite de inscrición: 06/04/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  50

Certificación C1 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity College London
Trinity College London

G1702042 - Trinity College. GESE graos 7 a 9. Nivel B2

Summary: 

Probas de acreditación de inglés B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702042
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/05/2018  -  25/05/2018
Data límite de inscrición: 06/04/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  50

Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity College London
Trinity College London