Recoñecemento polo Premio Nacional de FP na familia de Imaxe persoal acadado por unha ex-alumna do IES de Teis.
Enviado por admin o Xov, 03/02/2022 - 13:33
No día de onte, 2 de febreiro de 2022, Rosa María Portas Tato, que cursou o Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, acompañada polo director do IES de Teis, foi recibida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez e polo Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional, con motivo de acadar o Premio Nacional de FP na familia de Imaxe persoal.
O Conselleiro aproveitou para transmitirlle a Rosa María Portas Tato felicitacións en nome da Xunta e de Galicia.