Skip to Content

Inicio do curso 2024-25. Instrucción para o primeiro día

Lembramos que o mércores 11 de setembro, dará inicio o curso escolar no IES de Soutomaior. O horario será o seguinte:

  • Ás 09:05: recepción do alumnado no lugar asignado para cada nivel.
    • 1º, 2º e 3º ESO na entrada traseira do centro (na zona onde está situado o composteiro).
    • 4º ESO e Bacharelato: escaleiras de acceso e entrada principal ao centro (Onde está a zona cuberta).
  • Ata o recreo presentación cos titores e titoras nas súas respectivas aulas.
  • De 12.05 a 14:35: presentación das materias do día co profesorado.

Ademais, é preciso :

  • O alumnado e as familias poden consultar as listaxes por curso a través de ABALAR-MÓBIL.
  • O profesorado titor informará das normas de organización e funcionamento do centro, horarios, etc.
  • O alumnado deberá vir provisto de material necesario para anotar horarios, cartafol ou caderno para comezar algunha materia,etc.

 

Libros de Texto Curso 2024-25

Pódense consultar a relación de libros de texto premendo na seguinte ligazón.

Libros de texto bacharelato curso 2024-25

 

Lembramos que en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO o alumnado disporá dos libros dixitais e os computadores do Proxecto E-DIXGAL.

 

Obxectos perdidos curso 2023/24

Outro curso máis o IES de Soutomaior fai recopilación dos obxectos que o alumnado deixou no centro.

Para poder consultar e acceder á galería hai que premer no seguinte debuxo. Se recoñecen algún dos obxectos poden reclamalo vindo ao centro na primeira quincena de xullo.

 

Objetos perdidos · Oberena

Admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25

Publicáronse as instruccións para a admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25.

O alumnnado de 3º e 4º da ESO poderá presentar a solicitude no centro de orixe (IES de Soutomaior) entre o 24 de xuño e o 4 de xullo (de 9:00 a 14:00h).

A solicitude en formato editable pódese descargar na seguinte ligazón: solicitude FP básica. Tamén está a súa disposición na secretaría do centro.

Datas da matrícula para o curso 2024-2025

NIVEL

DÍA
1º e 2º de Bacharelato             Luns 1 de xullo
4º ESO    Martes 2 de xullo
3º ESO    Mércores 3 de xullo     
2ºESO    Xoves 4 de xullo
1ºESO   Venres 5 de xullo

Soutominores. Clube de lectura no IES de Soutomaior

Non podemos deixar atrás este curso 2023-24 sen lembrar este creativo club de lectura.

Soutominores está formado por un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 3º da ESO: os Soutolectores!!! A coordinadora foi Adriana, profesora de galego.

 

Nestes meses leron O Principiño e O Barón Rampante, libros que os cativaron os Soutolectores desde as primeiras liñas.

Ademais da lectura, o club realizou moitas actividades relacionadas co mundo dos libros e aproveitaron a Radio do centro para gravar pódcasts con entrevistas ás personaxes máis carismáticas das obras. Isto último foi posible grazas á supervisión técnica de Alba Loureiro, xefa de departamento de Lingua galega.

 

Podemos ver todo o traballado con máis detalle se accedemos ao seguinte PDF: ligazón.

Para poder escoitar os audios coas entrevistas do alumnado hai que premer na seguinte ligazón.

En hora boa aos Soutominores e á profe Adriana!!!

Retos do programa de Talentos Inclusivos

Os alumnos  e alumnas de 1º de bacharelato participantes no  programa de Talentos inclusivos organizado polo CITIC de Coruña deron resposta a varios retos propostos que facilitarían a vida de persoas con parálise cerabral.

Un deles consistía  na creación dun dispositivo de comunicación sinxelo e accesible para persoas con dificultades para comunicarse oralmente. Este dispositivo conta con dous botóns: un designado para respostas afirmativas ("Si") e outro para respostas negativas ("Non"). Ao presionar cada botón, o dispositivo xerará un sinal auditiva e visual, proporcionando unha forma clara e directa de comunicación. Para a creación deste obxecto foi necesario  instalar o programa nunha controladora, conectar uns botóns Arcade de 100 mm e deseñar unha caixa  en 3D na que se axustaran os compoñentes visibles para despois imprimila cun plástico PLA.

Podemos ver o vídeo do dispositivo en funcionamento se prememos na seguinte imaxe.

O IES de soutomaior na MEGABAU

A MEGABAU é un evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024 e aos seus centros educativos. Por primeira vez, a Universidade da Coruña organizou este evento en colaboración coas outras dúas universidades públicas galegas e a consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Nel, alumnado do IES de Soutomaior, Lucía Castrillo Sánchez e Samuel López Lorenzo foron convidadas ao Coliseum da Coruña xa que as súa cualificacións estiveron por enriba dun 9 no proceso de selectividade.

Dende o centro queremos dar a noraboa a estos dous alumnos e as súas familias polo seu esforzo e dedicación durante os seis anos de vida académica no IES de soutomaior.

Mellores expedientes curso 2023/24

O IES de Soutomaior non pode despedirse deste curso 2023-2024 sen facer unha mención e agradecendo o esforzo aos mellores expedientes académicos daqueles alumnos e alumnas que acadaron unha media de todas as súas materias a finais de curso igual ou superior a 9.

Unha mención aínda máis especial se cabe, merece o alumnado que recibiu unha Matrícula de Honra (MH). Esperamos que agora disfrutedes dun merecido descanso desconectando un pouco de cara o curso que ven. Parabéns.

1o ESO

2o ESO

3o ESO

  • Lola Agulla Rodríguez
  • Noa Gutiérrez Fraguas
  • Zoe Pérez Pérez
  • Luján Crespo Gámez
  • María Uxía Granja García
  • Blanca Otero Valladares
  • Valeria Búa Ruibal
  • Diego Parada Conde
  • Artai Rivas Barreiro
  • Daniela García García
  • Aroa García Conde
  • Vega Gómez Álvarez

 

  •  Juan Canosa Álvarez
  • Sabela Cernadas Soliño
  • Ángela O´neill Barreiro
  • Lucía Cima Orge
  • Lola Álvarez Arza
  • Ana Castro Lemos
  • Judith Duarte Raña

 

4o ESO

1o Bacharelato

2o Bacharelato

 

  • Mateo Fernández Carro
  • Rosalía Narciso Cancela
  • Rania Rhnim
  • José Fernández Reguera

 

  • Yiwei Jin
  • Anxo Muiños Seoane
  • Zaira Pazos González
  • Rocío Santoro Orge
  • Dafne Teixeira Criado

 

 

  • Lucía Castrillo Sánchez
  • Samuel López Lorenzo
  • Sabela Magariños Pereira

Exposición no IES de Soutomaior: "Vai de Viño"

Dentro das actividades levadas a cabo este ano no centro, cómpre sinalar a levada a cabo polo Departamento de Debuxo que contou coa participación de alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO.

Os estudantes implicados, puderon visitar bodegas da contorna. Así coñeceron de primeira man as características do seu traballo e todos os procesos necesarios para a producción do viño.

Un dos obxectivos do proxecto era facer fotografías destas visitas e das bodegas para, posteriormente, expoñelas no centro. O xoves 20 de xuño tivo lugar o acto onde se inauguró a exposición que estará no IES de Soutomaior ata o 7 de xullo e mudarase posteriormente á biblioteca de Arcade.

Dende o centro queremos agradecer o traballo ás impulsoras deste Plan Proxecta: Ana Aguiar e Beatriz Díaz. Tamén agradecer ao alumnado participante o seu esforzo e traballo.

Pódense visualizar máis imaxes do acto e da exposición na galería da páxina web do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut