CS de Guía, información e asistencia turísticas. Saídas outubro 2023

Outubro 2023

As actividades fóra da aula do CS de Guía, información e asistencia turísticas do mes de outubro tiveron como destino Pantón e o Museo de Arte Sacro das Clarisas.

Próxima ao Mosteiro de San Salvador de Ferreira visitamos unha das casas grandes máis importantes da contorna, a Casa de Maside. Conxunto arquitectónico do século XVIII que durante un tempo funcionou como aloxamento rural. 

Tamén en Pantón, Marcos e Reda propietarios de Pantón Rural -complexo de vivendas de uso turístico con gran aceptación entre os visitantes que se achegan á Ribeira Sacra lucense- exerceron de anfitrións na visita aos seus establecementos de aloxamento e tiveron a xentileza de convidarnos a facer un xogo de escape room entre viñedos, “El Secreto de la Abadesa”. Unha experiencia ideal para disfrutar en grupo en plena natureza e con unhas vistas excepcionais! Foto 1

Pechamos as actividades do mes cunha visita ao Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte de Lemos. É un dos museos de arte sacro máis importantes de España grazas, na meirande parte, ao legado artístico doado polos VII Condes de Lemos -escultura, téxtiles, relicarios,  pinturas e outros obxectos suntuarios- froito do seu virreinato en Nápoles. Das adquisicións en España son pezas destacadas o Cristo Xacente e as Inmaculadas de Gregorio Fernández. Foto 2

 

Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.