Concurso de oratoria, de regueifas e recitado poético
O venres 12 disfrutamos dunhas actividades moi variadas no Salón de actos:
En primeiro lugar, fíxose a final do Concurso de oratoria de 1º ciclo. A proposta goza de grande éxito no centro dende hai varios cursos e está organizada por Normalización Lingüística.
Velaquí algúns deses momentos de imaxinación, improvisación de historias a partir dunha palabra escollida ó azar:
O xurado, composto por 2 profesores e 2 alumnos, decidiu que os gañadores foran:
-Efrén López Zarauza
-Fernando García Fernández
-Gael Mariño González
En segundo lugar, un grupo de alumnos de 2º ESO puxo en práctica o aprendido no Obradoiro de regueifas no que participara hai meses. Regueifas que tiveron temática diversa e que dirixiron a outros grupos e compañeiros.
Por último, para finalizar, o alumno de 1º ESO Sergio López Rodríguez recitou un poema e as 4 rapazas que participaron o pasado sábado no Concurso poético "Rosalía sempre viva" na Casa-Museo Manuel María (África Cobo, Zeltia Pérez, Sandra Rodríguez e Lucía Rodríguez) deleitáronnos co recitado de diversos poemas de Rosalía de Castro.
Grazas pola vosa activa participación nas diversas propostas!