IES Ricardo Mella

O Instituto de Educación Secundaria Ricardo Mella está situado no Meixoeiro, preto dos límites dos concellos de Vigo e Mos. Desenvolve a súa actividade educativa dende 1979, ano da súa inauguración.

IES Ricardo Mella
Estrada vella de Madrid, nº 177
Apartado 3047
36214 Vigo - Galicia - España
Teléfono: 886 121 001   FAX: 886 121 026
Email: ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal

Localización e datos.

       

       

Información importante

         

  

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS (ESA)

Aberto o prazo de matrícula na modalidade presencial da ESA (Eduacación secundaria para persoas adultas)

Prazo de matrícula:

Entre o 2 e o 10 de setembro de 2024 para o primeiro cuadrimestre (3ºcurso)

Entre o 8 e o 17 de xaneiro de 2025 para o alumnado que se incorpora ao centro no segundo cuadrimestre (4ªcurso)

Rematado o proceso de admisión, de non completar as prazas ofertadas, o alumnado poderá solicitar a matrícula por orde de chegada na secretaría do centro.

 

Resolución do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas e ensinanzas non regladas no curso académico 2024/25          

 

CALENDARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2024/25

O vindeiro mércores 11 de setembro comeza o curso académico 2024/25.

Nos seguintes arquivos podedes consultar o calendario coa data, hora e aula de presentación dos diferentes cursos.

Distribuir contido