Premios e innovación educativa

Premios e innovación educativa

Premio extraordinario de grao superior para un alumno do IES Ricardo Mella

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superio. O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/61410/xunta-reconoce-excelencia-21-titulados-formacion-profesional-con-los-premios?langId=gl_ES

Entre todos eles, o alumno do IES Ricardo Mella da familia profesional de Electricidade e Electrónica, David Quiroga Blanco, tamén foi premiado. Moitos parabéns!!!

 

 

 

1º Premio Xente que fai Historia. Como ensinas Xeografía e Historia. Universidade de Vigo

O proxecto “Cartas dende a miña trincheira” da profesora Leonor Giménez Fernández do IES Ricardo Mella recibe o 1º Premio “Xente que fai Historia” da Universidade de Vigo.

O pasado 29 de xuño, a facultade de Historia do campus de Ourense, da Universidade de Vigo entregou o Premio # XenteQueFaiHistoria: Como ensinas Xeografía e Historia?

 

 

O proxecto educativo “Cartas dende a miña trincheira” é unha actividade que se  levou a cabo durante a explicación do tema da 1º Guerra Mundial, que se imparte na materia de Historia en 4º da ESO.  O alumnado tiña que escribir unha carta poñéndose no papel dun soldado ou dunha enfermeira que participou na Gran Guerra. Para ambientar mellor a súa carta, visionáronse vídeos e consultouse a web Canadian Letters, onde se recollen cartas, postais, fotos e obxectos persoais dos soldados e enfermeiras canadienses que participaron na guerra. Para conseguir maior realismo, as cartas deberían presentarse cun aspecto avellentado, o que se consigue mollando o papel en café ou te.

 

 

Máis información: http://historia.uvigo.es/es/cartas-dende-a-mina-trincheira-gana-o-premio-ao-proxecto-mais-innovador-de-ensino-de-xeografia-e-historia/

Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"

O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” coordinado dende o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Escolas Proval- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.

Con este fin, o alumnado de Electrónica recibirá unha ampla formación en tecnoloxía, robótica e programación para deseñar e construír un robot con capacidade de telecomando a base da incorporación dun sistema de realidade virtual. O robot levará unhas cámaras na posición dos ollos e terá un colo articulado que unha persoa poderá manexar a distancia. O manexo da cabeza do robot farase desde un móbil colocado dentro dunhas lentes de Realidade Virtual, de xeito que os movementos da cabeza da persoa serán replicados pola cabeza do robot. Ademais, a imaxe das cámaras do robot transmitirase ata o teléfono móbil, e así a persoa estará vendo o mesmo có robot. 

Así que, ánimo ao alumnado e aos profesores da familia de Electrónica, Carmen Currás, Jorge Domínguez e Javier Darriba, para afrontaren este novo reto!!

   
 
Distribuir contido