Libros de texto
FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Ven, 26/05/2023 - 00:18
FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24
No DOG do 19 de maio 2023 (Nº94), publícase a Orde do 10 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario libros de texto e axuda para material escolar do curso 23/24 (1º, 2º, 3º e 4º ESO).
O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de xuño, podéndose facer vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.
Máis información no adxunto e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924
LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24
Nos enlaces pódense consultar os libros de texto de ESO e BACHARELATO para o curso 23/24
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado da ESO, curso 2022-2023
Enviado por admin o Ven, 22/07/2022 - 22:42Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado da ESO, curso 2022-2023.
Xa están publicadas as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO no taboleiro da entrada ao centro. Calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto coa Vicedirección do centro.
Listaxe Libros de Texto Curso 2022-2023.
Enviado por admin o Ven, 15/07/2022 - 10:46Listaxe Libros de Texto Curso 2022-2023.
Pódese consultar as listaxes de libros de texto para ESO e BACHARELATO no IES RICARDO MELLA, nos arquivos adxuntos.
FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23
Enviado por admin o Ven, 20/05/2022 - 12:56FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23
No DOG do 18 de maio 2022 (Nº95), publícase a Orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario libros de texto e axuda para material escolar do curso 22/23 (1º, 2º, 3º e 4º ESO).
O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño, podéndose facer vía electrónicano formulario normalizado (ED330B-anexos I e anexo II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galou presencialmente no centro así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.
Máis información no adxunto e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros