Secretaría

FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2021-2022

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2021-2022

 

No DOG do 20 de maio 2021 (Nº96), publícase a Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario libros de texto e axuda para material escolar do curso 21/22 (1º, 2º, 3º e 4º ESO).

O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño, podéndose facer presencialmente no centro imprimindo a solicitude Anexo I e o Anexo II ou por vía electrónicanos formularios normalizados dispoñibles na aplicación

informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Mais información no adxunto e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

Procedemento e prazos para reclamación contra as cualificacións finais de Ciclos Formativos de Formación Profesional.

Procedemento e prazos para reclamacións contra as cualificacións finais de Ciclos Formativos de Formación Profesional.

No caso de ciclos formativos de 2000 horas de duración o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de FCT en periodo ordinario.

Para mais información pinche aquí

Modelo de solicitude.

 

Procedemento e prazos para reclamación contra as cualificacións finais en Educación Secundaria Obrigatoria, 1º Bacharelato.

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

Para mais información pique aquí

 

Modelo de solicitude

 

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

  • Dende o 11 xaneiro e ata o 8 febreiro, en base a Orde 18/12/20 que modifica a do 12/3/13 sobre o procedemento de admisión, está aberto o prazo para a reserva de aquel alumnado que curse 6º Primaria e desexe continuar estudos da ESO no noso IES, procedente dos CEIPS adscritos: Valle-Inclán, Mosteiro-Bembrive, Fonte Escura e O Sello. O formulario (ED550A) deberá presentarse no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado", con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Para aquel outro alumnado que desexe matricularse no noso centro (ESO e Bacharelato) distinto dos adscritos, manterase os prazos habituais:

*Presentación da solicitude da admisión: 1-22 marzo
*Publicación listaxes provisionais admitidos e non admitidos: antes 25 abril
*Publicación listaxes definitivas admitidos e non admitidos: antes 15 maio
*Formalización matricula ESO  e Bacharelato: 25 xuño - 10 xullo

Para mais información pinche aquí

Información para o alumnado e as familias pinche aquí

Infórmase que todo o alumnado que reservou praza, para o curso 2021-2022, na fase específica para centros adscritos obtivo praza para cursar 1º curso da ESO. As familias deberan formalizar a matrícula no período correspondente, do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 

Publicación PROVISIONAL DAS LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

O Venres, 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de admitidos e non admitidos para o curso 2021-2022 no IES RICARDO MELLA.

Ante estas listaxes, se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. Prazo de reclamación do 26 ao 30 de abril.

 

Publicación DEFINITIVA DAS LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
O Venres 14 de maio publicase a Resolución definitiva de admitidos e non admitidos no IES RICARDO MELLA para o curso 2021-2022.
A listaxe estará exposta no taboleiro interior do centro e así mesmo tamén se poderá consultar na aplicación de admisión https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

 

 

Plan de Continxencia do IES RICARDO MELLA

Nesta ligazón podes consultar o plan de continxencia do IES Ricardo Mella, no contexto da COVID-19.

 actualizado o 22 febreiro, incluindo plan actuación alumnado vulnerable.

Procedemento de reclamación das cualificacións no 2º curso de Bacharelato, para o curso 2020-2021.

Procedemento de reclamación das cualificacións  no 2º curso de Bacharelato, e/ou pendentes de 1º , para o curso 2020-2021.

Procedemento de revisión no centro:

Convocatoria ordinaria:

18 de maio           Publicación das cualificacións finais, convocatoria ordinaria 2º bacharelato, por Abalar. 

19 e 20 de maio   Reclamacións ás cualificacións de bacharelato na secretaría do centro.(9H-14H) Modelo 

21 de maio              Resolución dos departamentos e notificación ao alumnado e/ou ás súas familias. 

  Convocatoria extraordinaria:

23 de xuño           Publicación das cualificacións finais, convocatoria extraordinaria 2º bacharelato, por Abalar.

24 e 25 de xuño   Reclamacións ás cualificacións de bacharelato na secretaría do centro.(9H-14H) Modelo

28 de xuño           Resolución dos departamentos e notificación ao alumnado e/ou ás súas familias.

Reclamación ante a Xefatura territorial:

De persistir desacordo coa resolución do procedemento de revisión no centro, disporán de dous días hábiles a partir do día seguinte a comunicación sobre a decisión adoptada. No caso da convocatoria ordinaria: 24 e 25 de maio. No caso da convocatoria extraordinaria: 29 e 30 de xuño    Modelo

 Normativa aplicable: pique aquí

 

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33163

 

Prazos de presentación:

  • Grao superior, entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Grao medio, entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

"NO IES RICARDO MELLA ENTENDEMOS QUE A EDUCACIÓN É A MELLOR FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA E XÉNERO"

 "NO IES RICARDO MELLA ENTENDEMOS QUE A EDUCACIÓN É A MELLOR FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA E XÉNERO"

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO ESO - SOLICITUDE

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG Nº230), dende o día 16 ata o 27 de novembro poden presentar solicitude (de forma presencial no Centro) para o subministro de máscaras (Anexos I e II), os representantes legais do alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

IMPORTANTE: O alumnado que obtivo axuda para adquirir material escolar 20/21, non ten que presentar a solicitude

Mais información en arquivo adxunto.

Solicitude

Listaxe Libros de Texto Curso 2020/2021

Listaxe Libros de Texto Curso 2020/2021.

Pódese consultar as listaxes de libros de texto para ESO e BACHARELATO, nos arquivos adxuntos.

Información importante para el alumnado de la modalidad de distancia.

Información importante para el alumnado de la modalidad de distancia.

En archivo adjunto , disponen de la información necesaria para realizar el acceso a la plataforma de distancia

Para tener acceso a la plataforma es necesario disponer de una cuenta en el dominio edu.xunta.gal

en el caso de no disponer de ella, consultar el video.

Enlace para acceder a la plataforma:  https://www.edu.xunta.gal/fpadistancia/login/index.php

Enlace para crear cuenta en el dominio edu.xunta.gal: https://youtu.be/EoTPDKGM-Y0

 

Distribuir contido