Bolsa do Ministerio de Educación e FP para estudos postobrigatorios. CURSO 24/25
Enviado por admin o Mar, 09/04/2024 - 10:05
Apertura do prazo para a solicitude da bolsa para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 19 de marzo ás 09:00h ata o 10 de maio ás 15:00h .
O alumnado interesado en solicitala debe dirixirse ao seguinte enlace. Será preciso darse de alta para comezar coa solicitude.
Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.
Requisitos e contías para o acceso á Universidade.
Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.
FEIRA DAS ENSINANZAS EN PONTEAREAS
Enviado por teijeiro o Ven, 23/02/2024 - 12:30FAMILIAS PROFESIONAIS DE ELECTRICIDADE e ELECTRÓNICA, XESTIÓN e ADMINISTRACIÓN MOSTRANDO OS CICLOS FORMATIVOS na FEIRA das ENSINANZAS en PONTEAREAS
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024
Enviado por admin o Mar, 20/02/2024 - 18:04Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinado ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos.
https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ |
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado o alumnao de 1º e 2º de bacharelato matriculado en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O periodo de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024 (as datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas de alumnado seleccionado).
Prazo de presentación de solicitudes dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024
Admisión alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Curso 2024/25
Enviado por admin o Lun, 15/01/2024 - 15:27
Acceso á publicación no Portal Educativo:
Información para alumnado e familias: prema aquí (pendente de actualización da oferta de prazas vacantes)
Datas relevantes do proceso de admisión: prema aquí
Anexo I Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos ED550A (alumnado de centros adscritos que cambia de etapa)
Anexo II Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos ED550B
Todo o alumnado de centros adscritos con dereito de reserva está admitido. (De querer presentar a renuncia debe facerse por escrito antes do 28 de febreiro).
Oferta de vacantes:
ESO |
BACHARELATO |
||
1ºESO (*) |
15 |
1ºBAC-Ciencias e Tecnoloxía |
23 |
2ºESO |
1 |
1ºBAC-Humanidades e CS |
20 |
3ºESO |
12 |
2ºBAC-Ciencias e Tecnoloxía |
20 |
4ºESO |
1 |
2ºBAC-Humanidades e CS |
10 |
Conmemoración do Día da Discapacidade
Enviado por admin o Dom, 14/01/2024 - 11:45- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »