Skip to Content

Os ColeActivos_ para cambiar o mundo?

Este ano poñemos en marcha os ColeActivos: Grupos de alumnado voluntario con ganas de cambiar un pouco o mundo.

Por agora presentámosvos dous: 

1. EcoBanda. Para aquelas persoas que lles apeteza converter o centro nun espazo limpo, sostible, ecolóxico...

2. SomosX. Para as persoas con ganas de loitar contra a discriminación sexual, de xénero, de identidad, de sexualidade...

Para apuntarte: 

- fala coa túa titora ou titor.

- pasa por xefatura de estudos.  

Apertura do prazo de solicitudes de bolsas do MEFP para o curso 2018 - 2019.

 

becas 18_19

 

 

No BOE do pasado 16 de agosto de 2018 publicouse a convocatoria do MEFP para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2018 - 2019:

  • Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos postobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato) ou con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Órgano responsable da convocatoria: MEFP.
  • Prazo de solicitudes: do 17 de agosto ao 01 de outubro de 2018 para estudantes de estudos postobrigatorios e do 15 de agosto ao 27 de setembro de 2018 para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Forma de presentación de solicitudes: telemática a través da sede electrónica.

Para saber máis desta convocatoria poden premer na imaxe desta entrada e acceder á ligazón con toda a información ou ler un resumo da mesma no arquivo adxunto.

VIAXE A PARÍS DOS ALUMNOS DE 3º DA ESO E 1º BACHARELATO

 

DO 27 ao 31 de maio, 31 alumnos e alumnas de 3º da ESO e 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da capital francesa. Descubriron a Torre Eiffel, o Louvre, Montmartre, a Ópera Garnier, a Sainte Chapelle, Notre Dame, o Arco do Triunfo; pasearon polos Campos Elíseos, visitaron Versalles, navegaron en bateau-mouche polo Sena... Tamén se divertiron nun mundo de conto en Disneyland ... Todo isto en 5 días agotadores nos que aproveitaron para empaparse da cultura e civilización do país veciño.

VISITA DA TITIRIMESTRA CRISTINA COLLAZO

A finais do mes de abril visitou o centro a actriz e titirimestra Cristina Collazo. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO gozaron e mesmo participaron da posta en escena de Carmiña, a Meiga.

 

 

LEO NO VERÁN

 

 

 

 

VIAXE FIN DA ESO A ROMA

Os alumnos de 4º de ESO foron de viaxe de fin de curso a Roma, unha viaxe cultural pero tamén de lecer. Visitaron os monumentos máis emblemáticos da cidade e fixeron unha gran camiñata pola Vía Apia que rematou nunha visita ás catacumbas. Todo dentro dun ambiente moi divertido no que disfrutaron moito. 

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

O pasado 1 de xuño o alumnado de 2º da ESO apadriñaron lectores e lectoras de infantil, de 5 anos, no colexio Praia Xardín. Grandes e pequenos gozaron da lectura e pasaron unha hora moi divertida.

 

Esta actividade é o segundo curso que se realiza e consideramos a experiencia moi positiva. Dende a Biblioteca Escolar seguiremos traballando polo fomento da lectura e pola relación e comunicación con outras bibliotecas da contorna.

 

Fondo solidario de libros e axudas para a adquisición de material escolar

fondo solidario

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2018 - 2019

NORMATIVA APLICABLE

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19

 

DESTINATARIOS

  •    Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
  •   Alumnado cunha discapacidade 65 %.
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

FORMA E LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES

  • As solicitudes serán presentadas polos pais/nais ou titores/as legais do alumnado.
  • Única solicitude para todos os fillos admitidos no Centro.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (non precisa presentación física da solicitude no Centro)
  • Presentación no Centro entregando, debidamente cumprimentada, a solicitude e a documentación complementaria necesaria ou en calquera outro rexistro habilitado legalmente a tal fin.

PRAZO PRESENTACIÓN  SOLICITUDES

Do día 22 de maio ao día 22 de xuño de 2018 (este incluído)

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

a)       Solicitude de participación.

b)       Anexo II.

c)       Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d)   Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

e)Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f)      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g)    Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h)  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

PUBLICACIÓN DE ACTOS

Publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro docente e/ou na páxina web: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en  que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan, nas seguintes datas.

  • Publicación das listaxes provisionais: 12/07/2018.
  • Reclamación contra as listaxes provisionais: 13 e 16 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: 14/09/2018.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut