Skip to Content

Actividades

A Escola embaixadora a exame

O 11 de marzo visitou o noso centro Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en España. Horacio quería saber dos nosos proxectos como Escola embaixadora e coñecer aos novos embaixadores júnior, todos alumnos de 3ºA. Despois de facer un xogo trivial cos estudantes e de explicarlles máis polo miúdo o traballo na UE, Horacio posou con todos eles e, como non, ca nosa Caramiña.

Máis en La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Brillante actuación no Parlamento Xove

A principios do mes de marzo disputouse unha nova edición do programa Parlamento Xove, na que estudantes da ESO debaten entre si, a favor e en contra, sobre un tema proposto. Esta vez, se se debían incrementar as sancións a particulares e empresas por cometeren delitos medioambientais. Pois ben, Álvaro, Noa, Laura e Borja, alumnos de 3ºA, foron gañando confianza a medida que se sucedían os debates e defenderon brillantemente as súas popsturas. Non pasaron á fase final, pero a experiencia obtida xa lles fai pensar na proxima edición.

Máis en El Correo Gallego, Que pasa na costa e Diario de Camariñas.

O parlamento galego visita o Pedra da Aguia

O xoves 16 de xaneiro, tres ex-deputados do Parlamento galego fixeron a xa típica visita ao noso IES para explicar o funcionamento da institución e para dialogar co alumnado de temas de actualidade. Novamente foron os rapaces e rapazas de 3º da ESO os destinatarios da charla-coloquio. Moitos deses alumnos son os novos embaixadores júnior do Parlamento Europeo, polo que este evento serviulles como unha primeira toma de contacto coa realidade política. Ver tamén, Que Pasa na CostaLa Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Entrega de diplomas de Euroscola

O venres 20 de decembro, durante a celebración do festival de Nadal, entregáronselles aos alumnos e alumnas de 4º da ESO os diplomas acreditativos da súa participación no Proxecto Euroscola, que tivo lugar en Estrasburgo o 14 de novembro pasado. Foron un total de 24 estudantes, que tiveron ao seu carón aos profesores acompañantes Fabiola e Jacobo.

Euroscola... outra vez no 2019

O pasado 14 de novembro, os nosos embaixadores júnior puxeron o broche final ó seu paso polo programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo coa participación no certame de Euroscola xunto con máis de 500 estudantes de 24 países da Unión Europea. As alumnas Jéssica Blanco e Marta Baña foron as voceiras dun grupo composto por 24 alumnos e dous docentes. Esta participación foi posible tras gañar o 3º premio no concurso nacional “Esta vez voto”, co gallo das eleccións europeas do maio pasado. Os rapaces visitaron ademais o Consello de Europa e a Oficina da Valedora do Pobo Europea.

Ver máis en EuropeDirect, Voz de Galicia, Que pasa na Costa, Correo Gallego, Euroscola, Facebook.

Distribuir contido


by Dr. Radut