Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía, Novas, Actividades, Programación, Ligazóns de interese, Pendentes

Contido de azucre en diferentes alimentos

Aproveitando que se están a celebrar as xornadas de almorzos saudables, recuperamos o traballo que fixeran Laura Sar e Noa Tedín para mostrar a cantidade de azucre presente en distintos alimentos. Á rapazada chámalle a atención que certos produtos coma os refrescos, os zumes de brick ou os iogures de sabores conteñan tanta cantidade desta substancia.

Preme aquí para ver algunhas fotos de como se elaborou este cartel.

Para reflexionar... repensa a túa despensa!

Almorzos saudables

Hoxe púxose en marcha unha novidosa experiencia gastronómica no noso IES. Baixo o lema “Repensa a túa despensa”, ofreceremos ao alumnado de 2º e 3º ESO (1º e 4º en próximos trimestres) distintas propostas de almorzos saudables, é dicir, equilibrados, completos e variados. Coñecerán a importancia de comezar o día cunha achega nutriticional adecuada ás actividades que desenvolven, desmitificarán crenzas obsoletas e poderán incorporar (esperemos!) o aprendido aos seus hábitos alimentarios.

Martes de estrela

Onte o tempo acompañou, e puidemos levar a cabo a observación astronómica. A xornada comezou cun entretido kahoot sobre a temática, tralo cal demos inicio á actividade tan esperada pola rapazada de 1ºESO: a observación da Lúa, Saturno, Marte e outros astros, como unha estrela dobre e un cúmulo estelar.

Programación didáctica dpto. Bioloxía e Xeoloxía 2018/2019

Benvidos e benvidas ao curso 2018/2019! Adxúntovos a programación didáctica que seguirei este curso.

Exposición de modelos celulares

 

Como colofón de trimestre, a rapazada de 1ºESO pon a proba a súa creatividade e demostra o aprendido sobre as células nesta avaliación. Gran traballo por equipos, parabéns a estes cativos e cativas! Esperemos que en 3ºESO lembren todavía o nome dalgún orgánulo...

Preme aquí para ver as fotos de tódalas maquetas!

Onte vimos estrelas!

Onte celebramos unha "Xornada Astronómica" para o alumnado de 1ºESO no noso insti, que comezou coa representación teatral da obra O noso sistema solar, a cargo dun grupo de rapaces/as de 1ºA e 1ºB. Logo de participar nun divertido kahoot sobre a temática do día, os alumnos/as asistiron a unha sesión de cine, co visionado da película Marte (The Martian).

Distribuir contido


by Dr. Radut