Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía, Novas, Actividades, Programación, Enlaces de interese, Pendentes

Adenda á programación didáctica 2018/2019

Publícase a seguinte adenda á programación didáctica do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, do presente curso 2018/2019.

Programación didáctica dpto. Bioloxía e Xeoloxía 2018/2019

Benvidos e benvidas ao curso 2018/2019! Adxúntovos a programación didáctica que seguirei este curso.

Observación astronómica no noso IES

Despois de máis dun mes sen parar de chover, o tempo deu unha tregua para que o alumnado de 1ºESO puidera observar no ceo nocturno de Camariñas unha chea de corpos celestes: os aneis de Saturno, os cráteres de impacto na Lúa, unha nebulosa planetaria… e, incluso, o paso da Estación Espacial Internacional polo horizonte.

Grazas ao programa da USC Todocosmos e ao noso guía, Pedro Pablo Crespo, por explicarnos tan ben e resolver tódalas nosas dúbidas. Definitivamente, a espera valeu a pena!

 

Fotografía, con telescopio, da Lúa en fase crecente.

A importancia de lavar as mans

Por fin se viron resultados no noso experimento! A rapazada de 1º ESO participou nesta simple pero ilustrativa experiencia, na que puidemos comprobar a importancia de ter uns bos hábitos de hixiene.

Un acto sinxelo como lavar as mans evita o contaxio de moitas enfermidades, e nesta foto comparativa entre a rebanda de pan control, a que se manipulou coas mans limpas e a que se introduciu na bolsa coas mans sen limpar, podemos comprobar esta afirmación. Así, o pan que pasou polas mans do alumnado que non lavara as mans foi o primeiro en deteriorarse pola presenza de microorganismos que, ao cabo duns días, medraron e estragaron o alimento visiblemente.

Bo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut