Esta aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2012 organizados polo Concello.
O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e desenvolverase do 2 de xullo ao 7 de setembro de 2012, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00. Aquelas familias que o precisen por razón laborais, poderán levar os rapaces as 7:30 e recollelos as 14:30, avisando previamente os monitores. Tamén se poderá dispensar o servizo de almorzo a primeira hora da maña a aqueles rapaces que o precisen.
No Campamento Urbano 2012, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores, desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas: O mundo mariño, o mundo medieval ( con visita o Museo etnográfico de Melide), etc. As actividades impartiranse por grupos de idade.
Por abril o noso ies un a toda lectura en libros activos e activados
Día 23 de abril, primavera a camiño, nacemento e vida, lectura activa.Día de Libros.Velaí unha proposta de afectos, ler, para así saber un pouco máis quen somos, poisa o ler…lémonos, e así a través dos libros atopámonos con moita cousa para irnos construíndo, aínda que mesmamente un libro non nos guste, na nosa BIBLIOTECA, na casa e nas Librerías, hai moitos máis onde conectar para así sentirnos vivos e verdadeiros suxeitos da nosa madureza como persoas. Velaí un mundo de mundos no soporte, non único, dos Libros e estes arriquecidos no enerxético da Cultura nosa e así logo na comunicación da nosa Lingua ( e tamén nas outras, pois son flor de pobos e iso debemos respéctalo sempre).
O ies nº1 así neste 23 de abril e de primavera, a augas mil, vai a toda lectura para seguir polo ano adiante, e sempre, en hábito lector da man dos libros para estar no mundo, neste mundo, que soñamos sostible e mellor.
A comunicación entre profesores-alumnos-pais no noso Centro ten un novo medio para o intercambio de contidos e información: a rede social educativa EDMODO
Edmodo é unha aplicación cuxo obxectivo principal é permitir a comunicación entre profesores e alumnos. Trátase dun servizo de redes sociais baseado no microblogging creado para o seu uso específico en educación que proporciona ao docente dun espazo virtual privado no que se poden compartir mensaxes, arquivos e enlaces, un calendario de aula, así como propor tarefas e actividades e xestionalas.
O xoves 12 de abril ás 20:00 h, no Museo do Moble a da madeira (mom, Avda. Benito Vigo da Estrada), realizarase un relatorio baixo o título "Alcol e Adolescencia" impartido por Manuel Isorna Folgar (Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela).
"Máis da metade dos adolescentes que consumen alcol desenvolverán depencia"
Estudantes, profesorado e persoal non docente sumáronse o pasado 28 de febreiro, nunha concentración diante do Centro, ás protestas contra a forte carga policial aos estudantes valencianos do IES Luís Vives.
Na concentración leeuse un manifesto de solidaridade cos estudiantes e condenouse o xeito en que foi reprimida a actitude democrática de libre expresión e reveindicación dun ensino público de calidade.
Na última semana de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º da ESO visitamos a Escola Galega de Consumo, en Santiago de Compostela, co gallo de ampliar os nosos coñecementos sobre a publicidade, o sobreconsumo ou o consumo responsable.
Dentro da ampla oferta formativa, escollemos tres obradoiros: Publicidade no punto de venda, Linguaxe Publicitaria e Consumo Responsable. Grazas a David (3ºB), Estela (3ºA) e Cristian (3ºB) por resumir os contidos das sesión. Publicidade no punto de venda: A sala era como un supermercado no que nos sentaron en catro grupos diferentes de catro persoas cada un. Dous grupos tiveron que facer a publicidade dun novo produto, baixo as premisas de “innovador” e “a bo prezo”.Deseñaron o anuncio para unha consola e unha Tablet.
Os outros dous grupos sairon fóra da habitación e ao volver entrar tiveron que facer a compra, mentres que unha persoa dese grupo avaliava a compra que facían (si se axustaba ás pautas marcadas pola monitora como: “compra para cear una familia de catro persoas”). Na avaliación viuse como os dous grupos fixeron unha “mala” compra!. Linguaxe publicitaria. Atendeunos unha rapaza chamada Vanesa, encargada deste obradoiro.
Cando chegamos, saudounos moi cordialmente e puxémonos a traballar. Primeiro, vimos uns anuncios de dúas mulleres que presentaban dous perfumes diferentes:
REQUISITOS: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba (é dicir, ata decembro de 2012).
DATAS DE INSCRICIÓN: Do 27 de febreiro ao 9 de marzo, inclusive. Nas secretarías dos centros que impartan ciclos formativos (IES Antón Losada).
DATA CELEBRACIÓN DA PROBA:25 maio.
INFORMACIÓN DE INTERESE: O alumnado ten a disposición na conserxería do centro (para poder facer fotocopias) modelos de exames doutros anos e de contidos esixidos nas diferentes partes da proba. Os interesados/as poden pasar pola secretaría do centro a cubrir a solicitude de inscrición. O alumnado do PCPI terá de prazo ata o 5 de marzo, o día 6 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. O alumnado da ESO terá de prazo ata o 7 de marzo, o día 8 acudirase ao IES Antón Losada para presentala.
MÁIS INFORMACIÓN: Ver calendario no taboleiro da clase. Consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas. Acudir ao departamento de orientación do centro.
O alumnado xa pode imprimir na fotocopiadora da conserxería do Centro os seus propios materiais en soporte informático. Podendo presentalo en lapis de memoria, cd, dvd ou ben envialos por mail á conta de correo:
Os traballos que se envíen por medio de correo electrónico UNICAMENTE se imprimirán en presencia do alumnado que o remiteu, para evitar o envío de material que logo non se recolle.
A impresión se cobrará ao prezo dunha fotocopia convencional.
Os días 7, 8, 9 de febreiro realizaranse as probas de recuperación de materias pendentes.
Están convocadas, con caracter voluntario, como unha medida de axuda ao alumnado polo que serán realizadas fóra do horario lectivo o alumnado NON DISPORÁ DE TRANSPORTE ESCOLAR