Novas

Microliteratura de premio

Un ano máis, os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do noso concello convocaron o Concurso de Micropoemas e Microrrelatos DinamizaEstrada. Nesta edición, a décima xa!, participaron centos de escolares, que fixeron ben difícil o labor dos xurados, primeiro en cada centro e logo na fase final, á que chegaron 200 traballos (ver acta de resolución aquí)..
Os micropoemas e os microrrelatos debían incluír as palabras "camiño" e "espello", respectivamente, e foron escollidas nunha votación polos escolares de entre unha serie de termos recollidos na obra de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Os traballos de Martín Seoane Duro, Helena Castaño Pazos, Noa Cabaleiro Ribadulla e Sara Espiño Vaamonde resultaron gañadores e formarán parte do libro que será publicado e dado a coñecer nun acto de entrega de premios que terá lugar antes de que remate o curso.

Teño da Estrada tantas lembranzas vellas!

Con motivo do aniversario do nacemento de Alfonso D. R. Castelao en Rianxo un 29 de xaneiro de 1886, un grupo de alumnas de 4º ESO participou onte (28-01-23) nun programa especial do Recuncho da Lingua, de Radio Estrada, que conduciu Pilar Bernárdez. 

Jessica, Irene e Uxía, acompañadas pola directora e profesora de Lingua Galega, Beatriz, encargáronse de rememorar a relación que Castelao mantivo coa Estrada a partir, nomeadamente, da carta que lles enviou aos estradenses en 1941 dende o exilio americano. Esa Estrada que foi, nas súas palabras, "o escenario en que se desenrolaron as máis punxentes esceas do meu pasado vivir", foi evocada nos paseos de Alfonso Daniel con Virxinia Pereira, na lembranza do malogrado fillo, nos encontros co amigo e compañeiro da causa galeguista Losada Diéguez ou no multitudinario mítin pro-Estatuto de 1936.

Ademais, Uxía explicou como se xestou a idea e como elaborou unha versión para monicreques de Os vellos non deben de namorarse, na que contou coa axuda da familia e que podedes ver aquí.  

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO XORNAL EL EMIGRADO

 Con motivo da conmemoración do centenario do xornal El Emigrado, publicado na Estrada por primeira vez o 15 de setembro de 1920,  a asociación cultural Vagalume  quixo celebrar unha homenaxe a esta publicación que, segundo sinalan desde a asociación, foi un dos acontecementos culturais máis decisivos do municipio e do país en xeral.

Celebración do Día da biblioteca

14-15 dia da biblioteca (15) (Copiar)

Ligazóns da Biblioteca

A ONU lanza a Biblioteca Dixital Mundial  co acordo entre os grandes centros da cultura de todo o mundo. Temos a nosa disposición, de forma gratuíta e en múltiples idiomas, os logros máis relevantes do saber humano recollido nos fondos das grandes bibliotecas internacionais.Textos, manuscritos, imaxes, pinturas, gravados, partituras, planos, sons, fotografías e filmacións conservados nas máis prestixiosas bibliotecas de calquera canto do globo e en sete idiomas: inglés, árabe, chinés, español, francés, portugués e ruso.

Distribuir contido