Novas

Admisión de alumnado novo

Comunícase ás familias que foron admitidos todos os alumnos/as que fixeron solicitude de admisión de praza para o noso IES no prazo habilitado para tal fin. 

Deberán formalizar a matrícula entregando a documentación que se lles solicite no mes de xuño. Publicarase o calendario co prazo concreto nesta páxina web.

Informamos tamén que as axudas para material aínda non saíron; probablemente, se as datas coinciden coas de anos anteriores, será a partir do 20 de maio.

Avaliación de diagnóstico

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización de probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º de educación secundaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. 

Pode atopar máis información neste documento dirixido ás familias.

Avaliación de diagnóstico

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización de probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º de educación psecundaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. 

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

 

 

 

 

Bolsas para cursar estudos postobrigatorios no curso 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc. 

PRAZO: dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024

Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo.

Nesta ligazón pódese obter máis información. 

Probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO

A Consellería de Educación publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de ESO e Bacharelato en Galicia no curso 2023/2024.

Alumnado que cursa 4º da ESO:

Prazo de admisión para o novo alumnado (Curso 2024-25)

Todo o alumnado procedente de centros educativos non adscritos que desexe estudar o próximo curso no IES Nº1 deberá presentar solicitude de admisión.

Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Na secretaría do centro deberán presentar a seguinte documentación:

Admisión de alumnado para o 2024-25

O IES Nº1 comunica que todos os alumnos e alumnas procedentes dos centros adscritos foron admitidos.

Teñen, por tanto, a praza asegurada; deberán realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

A listaxe está exposta no taboleiro de anuncios do Centro, por se quixeren consultala.

Xornadas de presentación

O martes 3 e o mércores 4 de outubro terán lugar as presentacións cos titores/as dos seus fillos e fillas.

Trátase dun primeiro encontro na biblioteca, en que tamén estaremos presentes o equipo directivo e a orientadora, e a seguir irán co titor ou titora correspondente á aula do seu fillo/a.

Libros de texto 23-24

Nos ficheiros adxuntos figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 23-24.

Aconséllase non mercar ningún libro ata iniciado o curso en setembro, cando se resolva a convocatoria de fondolibros e o reparto de libros do fondo solidario de libros de texto do centro.

O curso 23-24 incorpórase 3º ESO ao programa E-Dixgal polo que os libros de texto para o alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO nalgunhas materias serán dixitais. O alumnado destes tres cursos non poderá acollerse á convocatoria de fondolibros pero si ao fondo de libros solidario do propio centro.

 

Admisión a Ciclos Formativos de Grao Medio

Dende o 23 de xuño ao 5 de xullo está aberto o prazo para solicitar a admisión nun ciclo formativo de grao medio para o alumnado que obtivo o título da ESO ou superou a proba de acceso.

Dita solicitude realízase a través dunha aplicación web que xera un impreso con instrucións individualizadas para cada alumno/a.

Toda a información no seguinte enderezo web

Calquera dúbida, no Departamento de Orientación do centro.

 

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e FP.

A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica dende o 8 de maio ata o 20 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. 

Toda a información neste enlace.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.

O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria.

Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

II Mostra de Orientación

O alumnado do IES Nº1 participou na II Mostra de Orientación, que se celebrou o 28 e 29 de marzo no recinto feiral do Concello da Estrada. Mediante charlas informativas e visitas aos stands, agardamos espertar vocacións, intereses e inquietudes e contribuír, dalgún xeito, á toma de decisións educativas e profesionais dos nosos alumnos e alumnas.  

22-23 3ª Mostra de orientación

Bolsas de estudo para o Curso 2023-2024

Está aberto o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc. 

PRAZO: dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo.

Nesta ligazón pódese obter máis información. 

 

II Mostra de Orientación, 28 e 29 de marzo de 2023

Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos.

A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) ao alumnado dos centros educativos de secundaria da Estrada. 

Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc.

Novas na prensa:

Enquisa "Estudo de investigación sobre a situación da muller no mundo laboral"

Probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior

Recentemente publicouse a convocatoria para as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. O prazo de inscrición para as probas de GRAO MEDIO abrangue dende o 27 de febreiro ao 10 de marzo. A proba realizarase o 25 de MAIO. 

Amplía información no seguinte enlace ou a través do Departamento de Orientación.

CHARLA "MITOS E REALIDADES DO CONSUMO DE CANNABIS-TABACO E CIGARRO ELECTRÓNICO"

charla

Calendario Exames de Pendentes - Febreiro, 2021

CALENDARIO SETEMBRO (exames, notas, matrícula...)

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

As persoas interesadas poderán reclamar ata o martes 18 de xullo ás 12:00h.

Campamentos de Verán 2017

Campamentos de Verán 2017

 

Probas para a obtención do título de graduado en E.S.O. para maiores de 18 anos

Calendario EXAMES febreiro 12-13

Listas de grupos para o curso 2012-13

Distribuir contido