PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.

O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria.

Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazos: dende o 31 de maio ata o 30 de xuño de 2023. Preferiblemente por medios electrónicos ou, no seu defecto, presencialmente. 

Características

  • Deberán realizar unha proba presencial, igual para toda a comunidade, o 6 de setembro de 2023.
  • Outorgaranse 20 premios con dotación económica.
  • Anotarase esta distinción no expediente académico.

Consulta toda a información no seguinte enlace