Prazo de admisión para o novo alumnado (Curso 2024-25)

Todo o alumnado procedente de centros educativos non adscritos que desexe estudar o próximo curso no IES Nº1 deberá presentar solicitude de admisión.

Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Na secretaría do centro deberán presentar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a.
  • Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia.
  • Sé é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio.

 

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos: 25 de abril.
  • O prazo de reclamación: 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio.

 

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

  • Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).