Educación física |
Unha representación do alumnado de 3º e 4º ESO do noso centro participou esta mañá na terceira xornada de deporte escolar, dedicada ao bádminton, que organiza a Agrupación de Deporte Escolar da Estrada. No Pavillón Coto Ferreiro déronse cita uns 150 rapaces e rapazas do CPR N.S. Lourdes, o IES Manuel García Barros, o CPI Santa Lucía de Moraña e o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.
Foto cedida polo IES Manuel García Barros Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO participou o pasado martes 16 no Día da Educación Física, que ten como finalidade visibilizar a importancia da actividade física na idade escolar, xunto co alumnado doutros colexios e institutos da localidade. Cada centro participante tiña asignado un espazo nas prazas e rúas para desenvolver os xogos e actividades e ás 12h reuníronse todos na praza do Concello. |
|||
O martes 23 de maio o alumnado do noso centro participou nunha xornada deportiva escolar de bádminton con centros da comarca no pavillón Coto Ferreiro da Estrada dentro do programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar). |
|||
O Colexio de Educación Física e Deportiva estableceu o Día da Educación Física na rúa para facer visible a súa importancia e reclamar máis peso da materia no horario lectivo. A Estrada, que levaba uns anos celebrando a cita en pequeno formato, saíu este martes 25 á rúa ao grande. A xornada estivo organizada pola Agrupación Deporte Escolar e nela participaron máis de catrocentos alumnos e alumnas de todos os colexios e institutos da Estrada. Despois da cita da Coruña, a da Estrada foi a máis masiva de Galicia. |
|||
O pasado 12 de xaneiro celebrouse na Estrada o Campionato zonal de Campo a través, no que participaron alumnos e alumnas dos centros de secundaria e de primaria da Estrada (IES Nº1, García Barros, Virxe de Lourdes , Cabada Vázquez, Villar Paramá, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, Pérez Viondi e CEIP de Figueroa), de Cuntis (Don Aurelio), de Moraña (Santa Lucía) e de Valga (Ferro Couselo). A proba foi organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, coa iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O alumnado do IES Nº1 participou nas categorías infantil e cadete, tanto masculino como feminino, conseguindo un total de 3 medallas e 7 diplomas. Parabéns a todos e todas! |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
COMEZ A LIGA INTERNA DE FÚTBOL. A CONTINUACIÓN TENDES OS EQUIPOS INSCRITOS PARA XOGAR A LIGA NOS RECREOS 3º - 4º E. S. O. |
|||
01/10/2012 19:16
09/10/2012 19:16
|
|||
|
|||
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE SE REALIZA NOS RECREOS.
NO ADXUNTO TEMOS OS NOMES DOS EQUIPOS E OS CUADROS COS PARTIDOS GANADOS
A CONTINUACIÓN TENDES OS PARTIDOS DA VINDEIRA SEMANA 3º - 4º E. S. O. 1º - 2º E. S. O.
|
|||