Visista á Escola Galega de Consumo

Na última semana de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º da ESO visitamos a Escola Galega de Consumo, en Santiago de Compostela, co gallo de ampliar os nosos coñecementos sobre a publicidade, o sobreconsumo ou o consumo responsable.


Dentro da ampla oferta formativa, escollemos tres obradoiros: Publicidade no punto de venda, Linguaxe Publicitaria e Consumo Responsable. Grazas a David (3ºB), Estela (3ºA) e Cristian (3ºB) por resumir os contidos das sesión.
Publicidade no punto de venda: A sala era como un supermercado no que nos sentaron en catro grupos diferentes de catro persoas cada un. Dous grupos tiveron que facer a publicidade dun novo produto, baixo as premisas de “innovador” e “a bo prezo”.Deseñaron o anuncio para unha consola e unha Tablet.


Os outros dous grupos sairon fóra da habitación e ao volver entrar tiveron que facer a compra, mentres que unha persoa dese grupo avaliava a compra que facían (si se axustaba ás pautas marcadas pola monitora como: “compra para cear una familia de catro persoas”). Na avaliación viuse como os dous grupos fixeron unha “mala” compra!.
Linguaxe publicitaria. Atendeunos unha rapaza chamada Vanesa, encargada deste obradoiro.


Cando chegamos, saudounos moi cordialmente e puxémonos a traballar.
Primeiro, vimos uns anuncios de dúas mulleres que presentaban dous perfumes diferentes:


O primeiro, presentábao unha muller aparentemente nova, cun vestido rosa, abultado; estaba dirixido para mulleres novas, mulleres que estean estudando. A muller ía correndo cara unha torre de mazás vermellas, para conseguir o perfume, que estaba enriba delas.
O segundo, era unha muller aparentemente adulta, cun vestido dourado; estaba dirixido para mulleres con relacións estables, fillos e un traballo bo. A muller ía andando cara unha piscina de auga dourada.


De seguido,vimos outros dous anuncios de coches:
O primeiro coche andaba a moita velocidade por curvas; dirixido a homes que lles guste a velocidade nos coches. O segundo coche andaba a pouco velocidade por rectas, dirixido a homes tranquilos, que usen o coche con moderación.


Despois,vimos un spot publicitario do Gadis,"Vivamos coma galegos".
A continuación, tiñamos que facer, a partir dunha frase que nos deu, un anuncio nunha cartolina.


Como non tivemos máis tempo, non puidemos pegarlle recorte de revista, pero pasámolo moi ben igual.
Aprendemos moito todos e todas, sobre todo de como nos manipula a publicidade!


Consumo responsable. Neste apartado da visita ao Instituto de Consumo aprendimos o significado de ser un bo consumidor.


      Fixemos un xogo en grupos de elexir unhas frases para que dixeramos o que nos pensabamos que facia falla, para ser un bo consumidor, á hora de facer a compra. Sairon algunhas coma, "facer unha lista cos productos necesarios", ou "adaptarse ao que podemos gastar". Logo para rematar fixemos un ultimo xogo, cunhas tarxetas de diferentes procesos á hora de comercializar un producto, ordearonos que nos colocaramos en orde, dende a recolleita da materia prima, neste caso o cacao, ata o consumo. Logo deronos unhas moedas, que tiñamos que repartir entre todos nos para ver as gañanzas de cada sector.

CIMG0635 (Copiar) CIMG0637 (Copiar) CIMG0639 (Copiar)