Arquivo de premios e eventos

PREMIO TRAPERO PARDO

O Concello de Lugo convoca o 16º Certame de Contos e Relatos Curtos "Trapero Pardo" para fomentar a creatividade literaria entre os estudantes lucenses.

-Categoría de 12 a 14 anos:

1º Premio: Diploma, lote de libros e premio valorado en 200€.

Gañadora: Lorena Barrera López, alumna de 1º ESO do IES Monte Castelo

2º Premio: Diploma, lote de libros e premio valorado en 100€.

Gañadora: Amara Chao Durán, alumna de 3º ESO do IES Monte Castelo

 

 
   
 

Dez anos de Proxectos Europeos

Microrrelatos

Hugo
Eiroá, alumno de 3º da ESO, acada o segundo premio do Certame Lingua de
Amor organizado polo Consello da Xuventude cun texto de só 34
caracteres.

Ver información na prensa

certame banda deseñada IES Perdouro

Marta
Geada e Javier Eijo obtiveron o primeiro e o segundo premio
respectivamente no certame de banda deseñada organizado polo IES
Perdouro de Burela

premios comenius

O
noso centro recibiú o pasado 28 de xaneiro a Placa Comenius co motivo
da súa participación en numerosos programas europeos durantes os
últimos anos.

Vicki
Cuba, alumna de 2º de BAC, representou no acto de entrega a tódolos
alumn@s da provincia de Lugo participantes en ditos programas

Recordade que a Placa Comenius foi un deseño de Iria Rodil, alumna do Bacharelato de Artes

Premio Literario Minerva

O desastre do Prestige

Terra e lume

TERRA e LUME (1) from Miguel Rubio (IES Monte Castelo) on Vimeo.

PEE SOCRATES COMENIUS ACCIÓN I

"RES NATURAE"

No trienio 2000-2003 o IES Monte Castelo de Burela está a desenvolver un PEE SOCRATES-COMENIUS-ACCIÓN 1 co tema "Terra, lume, aire, auga: os catro elementos, enerxía creadora...." xunto cos centros de Ensino:

F. Ferrucci de Larciano (Italia)

Via domitia de Poussan (Francia)

Escola de Patras de Achaia (Grecia)

Saule Gimnasyum de Birzai (Lituania)

Dentro deste proxecto, o espectáculo que presentamos nesta ocasión leva o título "Terra e lume (Res naturae)" e trata de aunar o traballo dos diferentes departamentos didácticos, e conta ademáis coa participación dos diferentes sectores da comunidade Educativa.

Terra e Lume dispútanse o privilexio de ser esenciais para a vida. Esta loita serve de fío conductor ás sucesivas partes do espectáculo onde se recrea o mito de Prometeo, quen, segundo a cosmogonía grega, robou o lume a Zeus para entregarllo ó home espido e indefenso.

O espectáculo complétase cunha montaxe en imaxes sobre terra e lume na natureza e na arte.

A música sérvenos de enlace entre o silencio dos homes e a súa faceta creativa. Unha pequena obra de monicreques acércanos á idea sobre a orixe da terra na visión infantil

De cando en cando, momentos nos que a poesía nos achega ós sentimentos que en diferentes culturas europeas teñen despertado a terra e o lume

 

 

Terra e Lume (2) from Miguel Rubio (IES Monte Castelo) on Vimeo.

Marta Mourelle Vázquez

 
 No curso 204-2005 Marta Mourelle Vázquez obtivo o premio "A Ponte" da USC por acadar máis dun 9 na prova de selectividade
Distribuir contido