Arquivo de premios e eventos

Premio A Ponte da USC

Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que premia ós estudantes de centros de ensino de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media entre a nota do bacharelato e a nota da fase xeral da PAU no curso 2012-13.

No noso centro  este recoñecemento acadouno José Manuel Vidal Arboiro e Nuno García Pico que recolleu o diploma o venres 5 de xullo en Santiago.

 

 

Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2013"

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 34 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas. Este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación coas bibliotecas municipais da provincia. O tema do certame era "A toda máquina". A entrega de premios foi o venres 14 de xuño ás 18 horas no Salón de Actos.

Entre os premiados no certame de Narración na categoría C está a nosa alumna IRENE RICO GÓMEZ

 

Premio no certame das Letras Galegas de Burela

Premios nas Letras Galegas- Maio 2013

A Delegación Municipal de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, fai público o fallo do xurado sobre o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2013″. Os premios serán entregados polo alcalde, José Mª González Barcia, e pola concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre. Será o 7 de xuño ás 19.30 horas na biblioteca. O rexedor e a concelleira felicitan a todos os premiados e a todos os participantes no certame. Os gañadores nesta fase local foron os seguintes:

DEBUXO

-Categoría C ( de 12 a 16 anos):  2º premio, Irene Rico Gómez (13 anos. IES Monte Castelo); 3º premio, Diego Rodríguez Gómez (12 anos, IES Monte Castelo).

NARRACIÓN
-Categoría C ( de 12 a 16 anos): 1º premio, Irene Rico Gómez. (13 anos, IES Monte Castelo); 2ª premio, Lorena Barrera López (15 anos. IES Monte Castelo).

 

Gañadoras da Copa de España

As nosas alumnas formaron parte do equipo co equipo Burela FSF que acadou o 1º posto da Liga de primeira división e gañaron a Copa de España de fútbol sala feminino co equipo Burela FSF.

Lara Balseiro Candia

Silvia Rubal Casas

Daniela Domingos Lopes

Lidia Mesías Espiñeira

A noticia aparece recollida na prensa http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2013/05/28/equipo-moda-espana/0003_201305X28C3991.htm

 

IV Concurso DKV Fresh Art-mención especial

Celebrouse a IV edición do concurso DKV Fresh Art, que organiza a compañía aseguradora DKV Seguros para fomentar a creatividade entre os xoves artistas.

Nesta edición outorgouse unha mención especial ó noso alumno de bacharelato de artes JAVIER EIJO PERALES.

Ver a noticia na prensa:http://www.lasprovincias.es/20120706/economia/premio-calabuig-estudiante-201207061855.html

Concurso Parlamento Xove 2013

“ Parlamento xove “ é unha actividade cultural organizada pola Xunta de Galicia na que alumn@s e profesor@s de secundaria de diversos centros educativos da Comunidade asumen o rol de debatir un tema de actualidade proposto pola organización como auténticos " parlamentarios"
O tema á debatir nesta edición é : ¿ Está a servir a crise econômica global para que a xuventude tome conciencia dun consumo responsable ?

Na 1ª edición acompañados polo profesor de filosofía José Manuel Rubal Saavedra  participaron os seguintes alumnos:

-Susana Valle

-Ana López

-Lara de la Huerga

-Jhony Fernández

Foto da entrega de diplomas

 

Na 2ª edición que foi o venres 1 e sábado 2 de marzo, acompañados pola profesora de filosofía Amalia Soto, participarán os seguintes alumnos de 2º de bacharelato:

-Valeria Berrutti Rocha Pitta

-Nuno García Pico

-José Manuel Vidal Arboiro

-Ana Uría Moreda

 

Os nosos alumnos quedaron novenos neste concurso sendo elixidos finalistas os oito primeiros. ¡¡¡Noraboa!!

Premio Excelencia Académica 2011/2012

A ex-alumna de bacharelato de Artes ANA CARLOTA QUELLE LLORET, que rematou no curso 2011/2012, recibiu o premio de Excelencia Académica de Bacharelato da Vicerrectoría de Estudantes e Relacións Internacionais, da Universidade de A Coruña.

Participación na Selección galega sub-23

 

 

 

Galicia estará na loita polo título nacional da categoría sub-23.

Con unha plantilla cargada de xogadoras de élite entre as que estaban as burelistas Lidia y Lara (alumna do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas), a selección galega selou o pasaporte para a final four do campionato na fase previa celebrada o fin de semana en Murcia.

A escuadra galega rematou primeira de grupo despois de gañar os dous partidos que disputou. O venres impuxose por 2-0 a Castilla León e onte superou, tamén con sufrimento (4-3) á anfitriona Murcia.

 

 

Premio dos Certames de Nadal 2012 do Concello de Burela

 

O vindeiro 23 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios aos gañadores dos Certames de Postais e Poesía Infantil Nadal 2012, que convocou a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal. Será a partires das 19 horas na Sala de Arte da Casa da Cultura. Unha vez reunidos os membros do xurado acordaron conceder os seguintes premios.

PREMIOS DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2012”:

CATEGORÍA C ( de 12 a 16 anos):

. 1º Premio: AMARA CHAO DURÁN. 16 Anos. IES MONTE CASTELO.

.2º Premio: IRENE RICO GÓMEZ. 13 Anos. IES MONTE CASTELO.

.3º Premio: LORENA BARRERA LÓPEZ. 14 Anos. IES MONTE CASTELO.

Todos os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca de Lugo.

Finalista do concurso Imaxiña 2012

Festival audiovisual da mariña -Imaxiña 2012-

Na primeira categoría quedaron finalistas as imaxes captadas por Juan Manuel Sánchez e Lara Fernández, alumnos do IES Monte Castelo de Burela (2º BAC).

Fotografía: Juanma Sánchez Salgueiro


Fotografía: Lara Fernández

Distribuir contido