Arquivo de premios e eventos

Participación na Selección galega Sub 21

Participación na Selección galega Sub 21

A nosa alumna de Bacharelato Judith Pedreira disputará a fase final do campeonato de España sub 21 formando parte da selección galega.

 

Premio de Excelencia en Boston, Massachusets

Premio de Excelencia

O noso ex-alumno Álvaro López Fraga, que está cursando 1º de Bacharelato en Estados Unidos cunha beca da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié , foi nominado para o "Premio de excelencia de la Academia Nacional de futuros científicos y tecnólogos".
Este premio foi concedido en Boston, Massachussets (EEUU)

Noraboa Álvaro!

                                 

 

 

 

 

 

 

Premio do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" 2015

Premio do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" 2015

Cada ano realizase un acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia, que son os estudantes que acadan unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade.

Este acto tivo lugar o martes día  30 de xuño ás 18:00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Este ano a alumna do centro que obtivo este galardón foi Aroa Álvarez López Noraboa!!

 

Premio Imaxiña 2014

Premio Imaxiña 2014

Xoves 16 de abril de 2015. Os IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo convertéronse nos grandes triunfadores do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2014. A Fundación Imdecum deu a coñecer os nomes dos gañadores na casa da cultura de Ferreira do Valadouro, nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, María José Fernández, e os fotógrafos mariñáns Héctor Manasé e María G. Mesa, ademÁis do presidente do entidade, Marcelino Luna, acompañado por Juanma Marrube, responsable da área de Deporte na fundación.
 
A edición de 2014 resolveuse con premio na categoría de Fotografía,  e coa imaxe dun faro, de Javiera Duarte Araya, de 2º BAC do IES Monte Castelo.

Parlamento Xove- Semifinais

SEMIFINAIS DO PARLAMENTO XOVE

Dentro do Plan Proxecta PARLAMENTO XOVE os nosos alumnos de 4º de ESO quedaron semifinalistas, entre os 4 mellores centros de Galicia.O 18 de abril participaron no debate final no que o tema era: Cine.Desaparecerán as salas de cine como forma de ocio?

Os alumnos participantes, que foron acompañados pola profesora de Historia Herminia Pernas, son:

-Alvaro López Fraga

-Irene Rico Gómez

-Paula Vázquez Franco

-David García Novoa

 

Máis información no enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/node/1479

 

Beca para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos

Beca para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié ofertan becas para estudar primeiro curso de bacharelato en Estados Unidos. Para acceder ás bolsas High School hai que ter unha nota media en 3º de ESO igual o superior a 7,5 y 7 en inglés.Este ano foron seleccionados tres os alumnos de A Mariña.

O alumno becado do IES Monte Castelo de Burela é Álvaro López Fraga (4º de ESO). Estará acollido por unha familia americana co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.

A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente.

 

Premio do certame de poesía infantil e postais de Nadal do Concello de Burela

Primeiro premio do certame de poesía infantil e postais de Nadal do Concello de  Burela

 

A Concellería de Cultura deu a coñecer os nomes dos gañadores dos dous concursos organizados con motivo das festas de Nadal 2014: os certames de poesía infantil e de postais. Os premios foron entregados o venres 23 de xaneiro, ás 19.30 horas na sala de arte da Casa da Cultura de Burela, e consistiron na entrega de distintos lotes de material escolar adaptados á idade e categoría de cada rapaz.

No certame de poesía infantil Nadal 2014, establecéronse tres categorías. Na categoría C, de 12 a 16 anos, outorgáronse dous premios. O primeiro foi para a rapaza de 15 anos, Irene Rico, alumna do IES Monte Castelo.

 

 

Premio V Certame Narrativo Xuvenil Entre Iguais do Concello de Lugo

Premio V Certame Narrativo Xuvenil Entre Iguais da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo

O venres 12 de decembro de 2014 tivo lugar a entrega de premios do V Certame Narrativo Xuvenil Entre Iguais que premia as creacións de rapaces e rapazas. O obxectivo deste certame é promover o valor da igualdade entre homes e mulleres dende a infancia para que medren con valores de respeto de cara a ambos sexos. Os premios foron entregados por Ana González Abelleira, concelleira de Benestar Social de Igualdade.

 

Os premiados neste certame narrativo foron:

-Na categoría de 12 a 14 anos:

1º PREMIO
Manuel Rubiños Trelles, co relato de título “A ver se o aceptas” (Alumno de 2º ESO-B)


3º PREMIO
Ainhoa Vázquez Reigosa, co relato de título “Azul/Rosa” (Alumna de 2º ESO-B)

A noticia aparece recollida na web do Concello de Lugo: http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227530111232&color=Rojo&idioma=es&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=texto1 

 

 

 

 

 

Premio do programa " A Ponte entre Ensino Medio e a USC"

Premio do programa " A Ponte entre Ensino Medio e a USC"

Ten lugar un acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia, que son os estudantes que acadan unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade.

Este acto tivo lugar o martes día  1 de xullo ás 18:00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Este ano a alumna do centro que obtivo este galardón foi Amara Chao Durán. Noraboa!!

 

 

 

Premio provincial do XVII Programa Voz Natura

Premio provincial do XVII Programa Voz Natura outorgado polo proxecto "Ríos e premios en boas mans" que coordina a profesora de Artes María Martín.

O resultado do proxecto son murais feitos polos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato a partir de materiais reciclados que atoparon na praia ademáis da escultura chamada " O son do vento" de 5 metros  de alto con motivo do 35 aniversario do centro.

Segundo o xurado "Ríos e praias en boas mans" foi premiado por "a imaxinación demostrada e a orixinalidade educativa do proxecto".

A noticia na prensa:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/05/27/ies-monte-castelo-burela-lleva-premio-voz-natura-provincia/0003_201405X27C7991.html

 

 Toda a información na nosa web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/node/1509

A entrega do premio foi na Festa de Voz Natura o sábado 7 de xuño no parque de Acea de Ama (Culleredo).

   

 

 

 

Distribuir contido