Educación Física

I Xornada de Convivencia

O martes 13 de novembro levarase a cabo a I Xornada de Convivencia organizada polo departamento de Educación Física, a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó enfermo mental de A Mariña de Burela.

Esta actividade pretende fomentar a participación e colaboración entre dous colectivos de persoas con discapacidade física, psicolóxica e intelectual a través da celebración conxunta dunha xornada de convivencia que abrangue diversas actividades deportivas e socioculturais.

Dende as 10 da mañá ata as 5'30 da tarde no pavillón polideportivo o alumnado do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas realizará cos membros destes colectivos diferentes actividades: un partido de fútbol amistoso, xantar de confraternización e magosto, xogos populares...

Conferencia sobre o alzheimer

O luns 29 de outubro de 2012 o departamento de educación física organiza unha conferencia sobre "O Alzheimer e outras demencias" impartida por Patricia Gómez Lamas, traballadora social do centro de día As Galeras en Oleiros(A Coruña) e dirixida a alumnado de 2º curso do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas.

O que pretende é achegar ós alumnos do módulo de Actividades Físicas para discapacitados unha visión das discapacidades relacionadas coas demencias, en especial o alzheimer así como proporcionar ós alumnos un achegamento á problemática e coñecemento de diferentes discapacidades, concretamente as demencias e o alzheimer, vivenciando situacións prácticas, que lles fagan comprender as características das persoas afectadas.

II Encontro do Deporte Base na Mariña

O IES acollerá  o sábado 17 de marzo o II Encontro do Deporte Base na Mariña coa presenza do seleccionador nacional sub-21 de fútbol sala, Federico Vidal Montaldo.

Este encontro estará organizado pola Fundación Indecum en colaboración co Burela Fútbol Sala e o departamento de Educación Física do IES Monte Castelo.

Charla do seleccionador español masculino

José Venancio, seleccionador español masculino, ofreceu unha charla no IES Monte Castelo durante a celebración da Copa de España de fútbol sala femenino que se celebrou do 3 ó 5 de xuño en Burela. O seleccionador compartiu a súa experiencia profesional e explicou a metodoloxía de entrenamento nas etapas de formación.

 

Xornadas formativas Educación e Deporte 2011

Xornadas formativas Educación e Deporte en colaboración co Burela Fútbol Sala:

A presentación será o xoves 5 de maio no IES Monte Castelo e prolongarase ata o 1 de xuño cun total de 5 charlas.

Ver noticia na páxina do Burela FS

 

Xoves 5 de Maio: "A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais"  a cargo de Pablo Yáñez, delegado de A Mariña- El Progreso.

Xoves 12 de Maio: "As relacións laborais no fútbol sala"   Relatores: Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)

 


Presentacion burela
Xoves 26 de maio:" Modelo de xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento"  a cargo de Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

III Xornadas formativas Burela FS [1] from IES Monte Castelo (Burela) on Vimeo.

III Xornadas formativas Burela FS [2] from IES Monte Castelo (Burela) on Vimeo.

Mércores 1 de xuño: "Futsal en Libia, experiencias"

Relator:Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia

Xoves 9 de xuño: "A vendaxe funcional:aplicación básica na escordadura de nocello"

Relator:Fiz Fernández Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB

 

Distribuir contido