I Xornada de Convivencia

O martes 13 de novembro levarase a cabo a I Xornada de Convivencia organizada polo departamento de Educación Física, a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó enfermo mental de A Mariña de Burela.

Esta actividade pretende fomentar a participación e colaboración entre dous colectivos de persoas con discapacidade física, psicolóxica e intelectual a través da celebración conxunta dunha xornada de convivencia que abrangue diversas actividades deportivas e socioculturais.

Dende as 10 da mañá ata as 5'30 da tarde no pavillón polideportivo o alumnado do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas realizará cos membros destes colectivos diferentes actividades: un partido de fútbol amistoso, xantar de confraternización e magosto, xogos populares...