Conferencia sobre o alzheimer

O luns 29 de outubro de 2012 o departamento de educación física organiza unha conferencia sobre "O Alzheimer e outras demencias" impartida por Patricia Gómez Lamas, traballadora social do centro de día As Galeras en Oleiros(A Coruña) e dirixida a alumnado de 2º curso do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas.

O que pretende é achegar ós alumnos do módulo de Actividades Físicas para discapacitados unha visión das discapacidades relacionadas coas demencias, en especial o alzheimer así como proporcionar ós alumnos un achegamento á problemática e coñecemento de diferentes discapacidades, concretamente as demencias e o alzheimer, vivenciando situacións prácticas, que lles fagan comprender as características das persoas afectadas.