Educación Física

PROBAS LIBRES DE TÍTULOS EXTINGUIDOS 2020 (Orde 28 de xuño de 2019)

ORDE do 28 de xuño de 2019 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ó abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

 

  • Estructura das probas libres para cada módulo do ciclo "Técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas" (TS AAFD) (Título LOXSE)

 

Día da EF na casa 2020

Os resultados do concurso do “Día da EF na casa 2020” edición A Mariña.

 

Alumnado IES Monte Castelo

 

 

Medalla de OURO.

 

 

Medalla de PRATA.

 

 

Medalla de BRONCE.

 

SEMANA BRANCA 2019

Do 19 o 26 de Xaneiro alumnado de 3º ESO e 1º BAC acompañados polos profesores Sandra Pérez e Rodrigo Pintos 

realizan unha actividade no medio natural na estación de esquí de Andorra para iniciarse na práctica do esquí e do snowboard. 

 

XOGOS POPULARES NO CEIP VISTA ALEGRE

Por mor da celebración do San Martiño ( “ Polo San Martiño, peóns ó camiño “ ), @s alumn@s de primeiro nivel do cilo de Animación de Actividades físicas,

dinamizará unha sesión de xogos populares e tradiccionais galegos ó alumnado de 6º de primaria do colexio “ Vista Alegre “ de Burela.

A actividade ten como obxectivo coñecer e poñer en valor aqueles xogos que ocupaban o tempo de lecer dos nósos avós, para manter viva a súa práctica

( aínda que sexa de forma puntual e aillada ), e que o seu coñecemento e difusión se vaia trasmitindo entre as vindeiras xeracións

III Xornadas do deporte IMDECUM

III Xornadas do deporte IMDECUM

O mércores 4 de xuño o adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández deu unha charla sobre "Metodoloxía de traballo no Obradoiro CAB"

Xoves 29 de maio no pavillón do Monte Castelo ás 17 horas Sara Álvarez Folgueira, (deportista judo club Lugo), Miguel Blanco Castro (adestrador judo club Lugo), Iván Carballeira (preparador físico judo club Lugo) impartiron unha charla "Judo para todos".

 

 

 

Mércores 21 de maio tivo lugar o primeiro relatorio sobre "Impacto económico en eventos deportivos" impartido por Ángel Antonio Barajas Alonso.

 

 

II Xornadas do deporte Imdecum- Iniciación as loitas Olímpicas dende a práctica orientada

O 30 de maio ás 17 horas os tenistas Alvaro Illobre e Martín Varela impartiron unha conferencia sobre "Deporte sen barreiras". Son dúas figuras destacadas no Ranking ITF actual en tenis en cadeira de rodas.

Mércores 22 de maio ás 17 horas os alumnos de 1º curso do ciclo de actividades físicas e deportivas asistiron a un taller práctico no pavillón Monte Castelo sobre loita olímpica co que se pretende experimentar en situacións prácticas as diferentes técnicas ofensivas e defensivas desta modalidade deportiva olímpica a través de xogos individuais e de equipo orientados ó seu desenvolvemento e aprendizaxe.

A conferencia titulada "Iniciación  as loitas Olímpicas dende a práctica orientada" será impartida por Pablo Rubén Pintos,licenciado en Ciencias da Actividade física e deportiva, adestrador da Federación Galega de Loita na que imparte a área de didáctica no curso de adestrador nacional de loita e gañador de varias medallas nos sucesivos campeonatos nacionais de loitas olímpicas e campión galego ( modalidade 66 kg. )

Esta actividade está organizada  pola fundación Imdecum en colaboración co departamento de actividades físicas dentro das II Xornadas do deporte Imdecum.

 
   
   

A Arte do Kick Boxing

II Xornadas do Deporte Imdecum--A ARTE DO KICK BOXING, UNHA VISIÓN TEÓRICO PRÁCTICA

A Academia Imdecum en colaboración co IES Montre Castelo acolleu a segunda sesión das II Xornadas do Deporte o xoves 16 de maio, descubrindo a arte do kick boxing a través da visión teórico-práctica da campioa do mundo Marisol Ramírez.

A deportista, cinturón negro 4ª grao de kick boxing dende 2010, conta cun amplo recoñecemento medallístico. Aos 27 ouros en campionatos autonómicos (2003-09) suma 8 en nacionais (2005-09). En 2009 subiu ao cumio do podio no Campionato do Mundo de Kick Boxing, na modalidade de semi-contact, e obtivo 3 bronces en light-contact e koshiki.

 
   


II Xornadas Deporte e Saúde "IMDECUM"

A Academia Imdecum abriu a segunda edición das súas Xornadas do Deporte e Saúde o xoves 25 de abril coa conferencia "A situación do deporte feminino nos medios de comunicación" impartida pola periodista deportiva Alba Adá Lameiras , colaboradora do programa Futsal Cope e ex-xogadora de fútbol sala, que posúe unha ampla experiencia nas redaccións do Diario As, Cadena SER, Marca, Marca TV.... e en webs adicadas ao deporte feminino.

A conferencia está destinada a alumnado e titulados do ciclo superior de Actividades físicas e deportivas, monitores deportivos e demáis profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.

 

 

Distribuir contido