Saltar navegación

Introdución á estatística

QUE IMOS APRENDER?

Nas MarumaSat recóllense moitos datos. As misións non só supoñen un desafío tecnolóxico senón tamén científico. Por iso, todas as cápsulas levan varios sensores para que despois, unha vez en terra, a comisión científica analice os datos. 

A estatística é a área das matemáticas que permiten organizar e interpretar conxuntos de datos.

OBXECTIVOS

1. Organizar datos en táboas.

2. Realizar diagramas de barras e sectores.

3. Interpretar conxuntos de datos.