Saltar navegación

Actividade (ODE38)

As porcentaxes nos datos

Todas as cápsulas MarumaSat levan incorporadas unha radiosonda para o rexistro de datos atmosféricos: temperatura, presión, humidade, dirección e intensidade do vento. Estes valores son moi útiles para comprender os fenómenos aos que a cápsula se expón.

Chama moito a atención a temperatura que se rexistra no exterior da cápsula. Nos voos da MarumaSat puidemos comprobar que a cápsula ten que soportar temperaturas extremas: na altitude máxima (por riba dos 33000 m), as temperaturas caen até os -55º C!

O día do lanzamento da MarumaSat III rexistráronse temperaturas agradábeis. En Ordes, lugar habitual de lanzamento, os termómetros marcaron 20 graos uns segundos antes do despegue. Aos 1000 m, as temperaturas diminuíran un 20 %. Aos 2000 m, as temperaturas baixaron un 25 % respecto do valor anterior. Aos 3000 m, as temperaturas caeron bruscamente un 50 % respecto do valor anterior. Esta mesma taxa de diminución mantívose no seguinte tramo de 1000 m.

Presión-Temperatura
Realiza os cálculos e constrúe a gráfica a partir dos datos.

Altitude

NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega