Saltar navegación

Coordenadas cartesianas

QUE IMOS ESTUDAR?

Ao enviar á estratosfera as cápsulas MarumaSat, é moi importante seguir o seu voo para poder recuperalas co instrumental a bordo, a fin de analizar os datos que recolleu.

Neste sentido, é fundamental que coñezamos o sistema de coordenadas cartesiano, que nos permite ubicar no plano calquera posición. Grazas a sistemas coma este, somos quen de rastrexar con éxito as nosas cápsulas. 

OBXECTIVOS

1. Coñecer o sistema de coordenadas cartesiano.

2. Representar e identificar puntos no plano.