Saltar navegación

Actividade (ODE44)

En que comisión traballo?

A organización dos datos en táboas e gráficas é un dos obxectivos da estatística. É fundamental ter unha boa disposición dun conxunto de datos para podelo analizar numericamente. Isto faise en todas as axencias espaciais do mundo, tanto para controlar o seu orzamento e volume de gastos como para contabilizar o éxito das súas misións, para avaliar o número de exoplanetas descubertos ou para sistematizar o conxunto de datos que envía un satélite. Isto é importante, sobre todo, cando o volume de datos que manexamos é grande.

No caso da NOSA, o volume de datos non é desprezábel e en moitas ocasión cómpre recorrer á estatística, ás táboas e ás gráficas. Velaquí un caso: o alumnado que forma parte da NOSA organízase en funcións dos seus intereses en varias comisións de traballo. Son seis en total: científica, meteorolóxica, audiovisual, comunicación, económica e deseño e construción. Para a MarumaSat I contouse cun total de 66 alumnas e alumnos repartidos nas comisións.

Introdución á estatística
Na comisión científica había 14 alumnas e alumnos; na meteorolóxica, 12; na audiovisual, 7; na de comunicación, 8; na económica, 9; e na de deseño e construción, o resto.
Organiza os datos nun diagrama de sectores.

Valor

Científica

14

Meteorolóxica

4

Comunicación

12

Audiovisual

8

Económica

8

Deseño e construción

20

NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega