Saltar navegación

Concepto de función

QUE IMOS APRENDER?

Falar de funcións é falar das relacións que se establecen entre dúas magnitudes ou variables. É fácil de entender a súa importancia: se coñezo ben as relacións entre presión e temperatura (é dicir, se coñezo a temperatura como función da presión) poderemos interpretar a evolución dunha delas a través da outra.

OBXECTIVOS

1. Identificar o concepto de función.

2. Manexar as distintas formas de representación de funcións.