Saltar navegación

Actividade (ODE38a)

Preparando o lanzamento

Un dos momentos máis delicados no lanzamento das cápsulas MarumaSat é o inflado do globo meteorolóxico que empuxará todo o dispositivo até a estratosfera.

Para conseguir chegar a máis de 30 km de altura, precisamos introducir no globo un volume duns 3000 metros cúbicos de He. No lanzamento da MarumaSat III inflamos o globo en varias fases.

Na primeira, introducimos un 15 % do volume de helio desexado. Na segunda, aplicamos outro 20 % e na terceira un 16 %. Queremos acabar o inflado en dúas fases máis. Na cuarta poñemos un 40 % do volume restante, e na quinta o que falta até completar os 3000 metros cúbicos.

Proceso de inflado
NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Proceso de inflado (CC0)

Fases de inflado do globo
Completa a táboa segundo os datos que se indican.
1ª fase 2ª fase 3ª fase 4ª fase 5ª fase
15 % 20 % 16 % 40 %

NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega